30/6/08

Xornada dos clubs de lectura

O mércores 25 de xuño asistimos en Santiago a unha xornada maratoniana pero fantástica sobre clubs de lectura.
Comenzamos pola mañá coa intervención de Blanca Calvo e a súa ponecia "Os clubs de lectura, o pracer multiplicado por dous".
Despois varios compañeiros de centros nos amosaron as súas experiencias (marabillosas por certo) dos seus clubs... : Begoña Valdés (club lectura Bibliotero do IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña), a que me alegrei moitísimo de volver a ver despois de cerca de 20 anos de coincidir en Santa Comba ; Enrique Sosa (club de lectura leixaprén do IES as Telleiras de Narón), Marga Tarrio (club de lectura "As mariñas lectoras" do IES As mariñas de Betanzos), Benigno Nerga (club de lectua Alexandre Bóveda do IES do mesmo nome en Vigo), Loly Lago, mestra entre as mestras (club de lectura do segrel de IES de Fene), Beatriz González que fai eses marabillosos carteis que nos cede desinteresadamente para o noso blog (club de lectura Balborodo, do IES Río Cabe de Monforte), Charo Vázquez (club de lectura A Cova Céltica do IES Isaac Díaz Pardo de Sada) e Emilio Roca (club de lectura Arao do IES Pedra da Aguia de Ponde do Porto).
E tamén estivo con nós e arrancounos moitas risas o escitor e conta contos Pep Bruno ...
En fin un día fantástico polo aproveitamento, polas charlas e polas risas. E dende aquí un saúdo moi especial a esa Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia que sempre está pendiente do que precisamos nos centros e ademais organizou unha xornada impecable en todos os sentidos. Aínda tedes capacidade de sorprendernos ... GRAZAS.
Si vos apetece ver as fotos visitade O segrel do Penedo, que as colgou todas (as que debía e as que non...) como sempre Grazas tamén a ti Loly pola reportaxe e por todo

22/6/08

Árbores: coñeceas para salvalas...

Pois si unha vez maís falando de árbores, e nesta ocasión cun lema moi básico pero moi real, está demostrado que aquelas árbores que todo o pobo coñece ou que forman parte da vida diaria das xentes, son as que se salvan, as que non acaban nos salpicaderos dos automóbiles de luxo, ou en xardíns impesionantes de xente rica ós que chegan despois de pagar cantidades millonarias, ... en fin que igual que todo neste mundo, as árbores tamén están ameazadas e sen defensa posible, de aí que vos anime dende aquí a que coñezades o noso patrimonio vexetal e o respectedes, facéndoo propio para que continúe aí, ensinándonos que somos unha pequena gota no océano do universo...

E como xa imos empezar as vacacións e o curso foi longo e complicado, unhas imaxes para que vos relaxedes coa beleza desas amigas que nos regalan todos os días unha gota de sabiduría e de beleza.

7/6/08

Intelixencia, sensatez e poder

A través de "A nosa biblioteca" fai tempo que descubrín un blog fantástico que me gusta mirar de cando en vez: "Los minicuentos" de Braulio LLamero, e hoxe pasando un estupendo rato lendo neles gustoume un especialmente que vos traio aquí, aínda que vos recomendo que pasedes por ese blog hai minicontos moi curiosos, que teñen a súa miga..., o da vaca tamén é moi bó.

Ante la cercanía de su muerte, un rey mandó llamar a sus tres hijos.
-Solo uno de vosotros me puede heredar. Puede hacerlo el mayor, por tener más edad. Puede ser el segundo, por ser el más sensato. O quizá deba ser el tercero, por ser el más inteligente. Pero antes de tomar mi decisión, quiero saber lo que pensáis.
El más pequeño, inteligente como era, se puso a meditar sobre el aparente enigma. El del medio, con su habitual sensatez, consideró que no convenía precipitarse en la respuesta. El mayor, carente de inteligencia y de sensatez, desenvainó la espada y mató a los dos.
-¿Cuál era la pregunta?

El rey suspiró:
-Me temo que la lógica del poder aborrece la inteligencia y desconfía de la sensatez.
Y se apresuró a fallecer, por si su ya único hijo no podía esperar.

5/6/08

26/5/08

UN MUNDO SEN FIN

Pois que xa sei que é un supervendas, pero no fondo é unha historia moi actual, con persoaxes que máis parecen de hoxe que do século XIV, no que se situa a novela: un arquitecto de éxito, unha emprendedora muller que loita coas limitacións que lle impón un mundo de homes (dendo logo cunha actitude moita máis creíble na nosa época que na da historia de Ken Follet), uns repugnantes membros do clero empeñados no poder máis que na axuda dos desfavorecidos...
Podería estar pasando agora mesmo en calquera cidade occidental... Iso é: o mundo non cambia no fondo, aínda que leve séculos sufrindo, e a principal ameaza de hoxe sexa, no fondo, a mesma de onte e será, quen o sabe... a mesma que a de mañá.
Un conto con final feliz provisionalmente, que ao longo de 34 anos xusto despois de morrer Eduardo II, conta a historia dos descendentes de aqueles que coñecimos fai algúns anos nos Pilares da Terra.
Mercurio abril 2008

25/5/08

Novos recursos para vós

Hoxe quero presentarvos algunhas novas que estamos a difundir dende a biblioteca:
Estamos a iniciar a páxina web do Instituto e si vos fixades, os da biblio, somos os máis adiantados, na parte esquerda tedes os espazos para estar informados sobre a nosa biblioteca: presentación cos obxectivos perseguidos, recomendacións, normas, o catálogo coas últimas incorporacións, as lecturas dos departamentos, as guias temáticas, efemérides, recursos na rede... etc. De todo esto gustariame resaltar tres cousas que cremos vos poden ser moi útiles (tanto alumnado como profesorado e tamén porque non , ás familias). Son:

20/5/08

Deitado frente ao mar...

(Praia das Catedrais na marabillosa costa lucense)

Hoxe e aproveitando que o Miño pasa por Lugo (simil non moi logrado do máis coñecido "aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid", fermosa terra da nosa compañeira Oki), é dicir que para celebrar que estamos no mes no que as nosas letras se fan especialmente presentes, traiovos un poema que para min é especial por facerme lembrar a miña adolescencia-xuventude, coas reinvindicacións daquela época.... en fin o poema é do noso Celso Emilio Ferreiro e titúlase DEITADO FRENTE AO MAR...
Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abranque
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa proque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño

19/5/08

Paso do tempo (III)


"Un home decidiu pasar algunhas semanas nun monasterio de Nepal. Certa tarde entrou nun dos numerosos tempos que por alí hai e atopou a un monxe sentado no altar, sonrindo. Preguntoulle por que sonría.

-Porque entendo o significado dos plátanos, foi a súa resposta.

Dito esto, abriu a bolsa que levaba, extraendo dela un plátano podrido: "Esta é a vida que pasou e non foi aproveitada no momento axeitado, agora é demasiado tarde". Seguidamente, sacou da bolsa un plátano aínda verde, mostouno e volveu a gardalo: "Esta é a vida que aínda non sucedeu, é necesario esperar o momento axeitado". Finalmente tomou un plátano madurao, pelouno e comparteuno con el: "Esta é a vida no momento presente. Alimentante con ela e vívela sen medos. O tempo é o elemento máis valioso que posuímos, tanto ricos como probres, sabios como ignorantes e só dispoñemos deste tempo".

Con esta lenda - parábola ou como se lle queira chamar, pídovos que me acompañedes a reflexionar sobre o tempo e o seu paso: É este un proceso irreversible pero para poder vivir en plenitude debemos ser conscientes de que o tempo pasa, de aí a importancia de planificar o noso tempo, esta administración do tempo é unha das habilidades máis preciadas e máis difíciles de conseguir, xa que o tempo non se pode aforrar, gardar, deter... e ademais é imposible de recuperar, si o malgastamos ou derrochamos sufriremos as consecencias do descuido do mesmo. Así pois si valoramos o noso tempo e queremos aproveitalo é preciso establecer prioridades que nos enchan e nos fagan crecer como persoas xa que:

"Non é o tempo o que se nos dá, senón o instante, e con ese instante a nós correspóndenos facer o tempo" (Georges Poultet).

16/5/08

Paso do tempo (II)

O outro día comenteivos que esto do paso do tempo sería unha entrega por capítulos e aquí vai a segunda:

É unha curiosidade na que un xove Noah Kalina decidiu tomarse unha fotografía ó día durante 6 anos para retratar o paso do tempo, xa que segundo el mesmo: "está intigrado polas sutiliezas do tempo". Comenzou no ano 2000 e a característica principal deste "experimento" é que todos os retratos os toma coa mesma xestualidade, dende o mesmo ángulo, de forma que sempre é a mema imaxe, o único que destaca é o paso do tempo. Aínda segue co proceso e di que pensa seguir ata os 80 anos onde terá un vídeo de 1 hora larga de duración mostrando este paso do tempo.

No ano 2006, a cadea ABC catalogouno como un dos mellores videos de Youtube, incluso os Simpson crearon un capítulo inspirados nel, coa mesma música de fondo.




15/5/08

¡Xa cumprimos un ano!

Si busco entre os meus recordos os que me deixaron un sabor duradeiro, si fago balance das horas que valeron a pena, sempre me atopo con aquelas que non me procuraron ningunha fortuna. Antoine de Saint-Exupery (1900-1944) Escritor francés.



Pois si, parece que foi onte pero xa levamos un ano na rede... recordo perfectamente aquel consello dun bo amigo que me dixo: "publica el blog y déjalo crecer" e dito e feito ... e aquí andamos.... Foron moitos os cambios, os sucesos, as alegrías, as penas... un ano da para moito e hoxe ímolo celebrar con alegría... e con algunha cousa curiosa que atopei buceando pola rede, que sempre sorprende.
Para empezar (porque esta é unha entrega en capítulos) traio a este blog (vía el país de Millás)un artigo no que este escritor evoca a melancolía que produce o paso do tempo e que non pasa en vano para ninguén, nin tan siquiera para a roupa que xamais foi usada (é este un artigo chocante e que te fai pensar, como el mismo di tal vez un pouco kafquiano, en calquera caso resulta impactante):
“Hace 10 años compré un traje oscuro que no me he puesto nunca. Quería comprobar si la ropa, aunque no te la pongas, envejece. El otro día lo saqué del armario, le quité la percha, lo coloqué sobre la cama y advertí con asombro que era un traje anciano, como si alguien invisible lo hubiera usado durante todo este tiempo para ir a la oficina. Aunque los hombres invisibles no deforman los codos o las rodillas con la violencia de los visibles, se percibía en esas zonas un desgaste sutil. Me puso los pelos de punta la vejez tenue de aquel traje que no había ido nunca al cine, que no había asistido a ningún cóctel, que no había viajado en el autobús o en el metro: un traje, en fin, que sin haber corrido ningún riesgo vital, estaba evidentemente cansado y listo para el ataúd.
Pensé de nuevo en la idea de que lo hubiera usado un sujeto invisible. Imaginé la posibilidad de que durante todos aquellos años, mientras yo leía, escribía o dormía, se hubiera desprendido de mí una versión incorpórea que había utilizado el traje. Una chaqueta y unos pantalones bien moldeados pueden funcionar como una prótesis corporal para alguien descarnado. Sin facilitar las prestaciones de un organismo completo, proporcionarían a un hombre sin cuerpo una sensación de volumen. Pero la ropa, en lo que tiene de ortopedia, resulta un poco triste. De pequeño, leí un cuento cuya acción transcurría en una ciudad donde los trajes salían a pasear solos, sin nadie en su interior, los domingos por la tarde. Impresionaba imaginar las plazas y las avenidas de aquella ciudad.
Mi traje, sobre la cama, parecía sacado de aquel cuento. Te lo imaginabas en el casino, departiendo con otros trajes de su calidad (clase media), soñando quizá con tener más algodón, o menos fibra, y se te encogía el alma de lástima. A lo mejor le habría gustado ir en alguna ocasión al tinte. Hurgué en sus bolsillos, por si hubiera en ellos alguna nota, alguna moneda, algún billete de metro o autobús, pero no hallé nada. Finalmente, lo colgué de nuevo de la percha y volví a guardarlo en su sitio porque no se me ocurría qué otra cosa podía hacer con él (o por él). Y ahí sigue, haciéndose mayor, víctima del tiempo oscuro que discurre dentro de los armarios.”