31/1/08

EL ATENTADO de Yasmina Khadra

A vida sorrinos, a sorte tamén. Amamos e somos amados. Os nosos soños marcan a pauta da realidade que vivimos. E de súpeto, sen avisos, o ceo vénsenos enriba. É nese intre cando nos damos conta que a vida – toda a vida - coas súas ledicias e penas, as súas promesas e os seus desenganos, pende dun fío tan inconsistente e impredicíbel como o dunha arañeira.

Esta é a historia dun atentado, dunha muller-bomba e da busca de “explicacións” que emprende o seu home, tratando de recompoñer os fragmentos da súa vida, que non deixa de preguntarse que se pode contar a alguén para convertela así nun monstro, nunha terrorista, nunha integrista suicida. ¿Como pode unha persoa “normal”, sa física e mentalmente, decidir quen sabe por que, que ela está investida dunha misión divina, e renunciar aos seus soños, á súa vida e ás súas ambicións para inflixirse unha morte atroz mediante a peor das barbaries?

E ás veces parece que ata os terroristas máis curtidos ignoran o que lles ocorre de verdade. Basta un chispazo no subconsciente. E a partires dese intre a túa forma de ver o mundo cambia, só tes unha idea fixa e xa non hai volta atrás. E deixas de mandar en ti, creste dono dos teus propios actos, pero non é certo. O mesmo che ten vivir que morrer, un “prodixio” premiado có estatuto de mártir. E o máis tráxico é que nalgunha parte de ti mesmo renunciaches a aquelo que podería traerche de regreso ao mundo...

E este “sacrificio” non implica “só” ao mundo enteiro, senón ás persoas que che aman e que senten que se lles fodeu a vida, estragouse o seu fogar e converteuse en po todo aquelo que levantaron xuntos pedra a pedra. Perden todo a cambio de nada.

Fai tempo lin unhas declaracións dun palestino “Vostede viu como os israelís asasinan á nosa poboación, como bombardean as nosas cidades con tanques, con misiles, agora con avións F16. Se tivésemos cazabombarderos F16 utilizariámolos, nos tamén os utilizaríamos contra Israel. Pero non os temos. E as nosas alternativas son claras: o arriar a bandeira branca e rendernos ou utilizar todos os nosos medios de loita ao noso alcance. E isto é o que estamos a facer”...

É difícil de entender. Ás veces rexeitando todo ese horror tamén se fai o mesmo coa propia tribo. E non hai tempo nin ganas para interesarse polos traumas que socavan as chamadas á reconciliación dos pobos elixidos que optaron por converter a terra bendicida por Deus nun campo de horror e ira. Non se aplaude o combate duns nin se condena o dos outros pois a actitude de ámbolos dous parece pouco razoábel. E non nos sentimos implicados nese conflicto sanguento tan preto e tan lonxe de nós.

Todo por Xerusalén, cidade dos sonos de israelís e palestinos, hoxe esnaquizada por ese muro sacrílego, produto da inconsistencia dos homes e das súas discordias, que aí segue conservando a fe, hoxe máis que nunca a pesares de todo e de todos.

30/1/08

75 da subida de Hitler ó poder...¿Aprendimos da historia?



Porque a historia e a vida son así, hoxe día da paz, tamén se celebran os 75 anos da subida de Adolf Hitler ó poder, xustamente un día 30 de xanerio de 1933, foi nomeado canciller e formou un goberno de coalición cos conservadores, pero pouco a pouco prepara o terreo para concentrar un enorme poder nas súas mans e ser capaz de destruír o seu país, destruír Europa, matar a máis de 6.000.000 de xudeos, continuar con xitanos e calquera outra etnia que considerara "sucia"...

¿Hoxe seguimos a preguntarnos como foi posible que algo así ocorrese e que o resto do mundo o permitise?. Onte mesmo escoitaba unha tertulia onde se indicaba como todos os factores se alineaban e axudaban a que esto se producise... pero ¿remataron os xenocidios?... ¿xa non se discrimina por pertenecer a unha determinada raza ou relixión?... EN RESUMO A HUMANIDADE APRENDEU ALGO, OU MELLOR APRENDIMOS ALGO ...???


É bo recordar para aprender e non repetir a historia pero.... ¿será posible?

30 Xaneiro día da PAZ


Existe, por desgraza, unha ampla mostra de conflitos armados onde constatar os diferentes graos de sufrimento e degradación do ser humano que toda guerra implica. Algúns, aparentemente esquecidos, deixaron, non obstante, feridas mal cicatrizadas e dispostas a reabrirse en calquera momento.Outros, case descoñecidos no imperdoablemente descoñecido continente africano, están xa perdidos sen remedio sexa cal sexa o resultado final da contenda.Tamén os hai cotiáns, perniciosos, que abandonan os primeiros titulares pero deixan rastros atrofiados, convertidos en xordas ladaíñas onde a traxedia individual de cada morte se dilúe en cifras carentes de sentido.
Sendo conscientes desta situación, no Día Internacional da Paz, eliximos a guerra de Iraq como símbolo do engano, a barbarie e a loucura que toda guerra implica.
Neste documento utilizamos unha breve selección de textos de poetas árabes representativos da desolación dun pobo ante a traxedia colectiva que asola moitos dos seus países. Tamén incluímos algunhas citas contra a guerra de varios pensadores e escritores da nosa cultura occidental..


Oiamos as súas voces porque temos o convencemento de que só escoitando persoas sosegadas e respectuosas de calquera cultura os seres humanos teremos unha mínima posibilidade de futuro. Este é o espírito que alenta o presente documento que forma parte da iniciativa colectiva das Bibliotecas Escolares Galegas non Día Internacional da Paz, por un mundo mellor e máis xusto.

Os materiais gráficos deste documento proceden das seguintes fontes
Iraq War Paintings Gerard Laing
Carteles contra una guerra – Signos por la paz (James Mann, Ed. Gustavo Gili)
Lions Clubs International Peace Poster Contest



Chegamos ao momento en que evocamos a paz como unha lembranza.

Impresionad@s polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os ensinantes, os bibliotecarios, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da paz e a verdade. A verdade porque somos os administradores dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A paz porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos: todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como o primeira e máis importante do noso labor cotián.
Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionantes, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte. As persoas somos unha mestura de razón e sentimento: nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón:




Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

29/1/08

Pola Paz (VII)

Mañá é o Día da Paz. Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.




Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

28/1/08

Pola Paz (VI)

Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.

Empeñados como estamos, proclamamos cada día

NON ÁS GUERRAS

Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

27/1/08

Pola Paz (V)

A violencia nas súas diferentes formas, como manifestación do despropósito, é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Foron precisamente os sucesos acontecidos durante a Guerra de Independencia (1808-1814) os que deron lugar a que Goya efectuase unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestacións e consecuencias.

(...) Francisco de Goya, escéptico ante as xustificacións da guerra, lonxe de apoiar coa súa obra os postulados ideolóxicos dalgún dos bandos contendentes, mostra o rostro máis escuro e abxecto da guerra, o dos mortos e os seus asasinos, o dos indefensos e os seus prepotentes violadores, o dos que padecen e os dos que gozan co padecemento alleo.

(...) A sensibilidade de Goya ante estes acontecementos produciu non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental berro contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación ningunha, e que grazas ao maxistral do seu tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador comtemplar imaxes inherentes a toda guerra.

(...) As obras de Goya de contido bélico non mostran aos heroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos gravados amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera preséntannos feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal do heroísmo, a brutalidade, a fame, a deseperación, a destrución, pero sobre todo a morte. E todo iso protagonizado polo pobo anónimo, verdadeira vítima da guerra.

José Manuel Mantilla. El libro de Los Desastres de la Guerra. Francisco de Goya. Madrid, 2007, Arlanza Ediciones.




Nota: Os títulos dos gravados reproducen a ortografia orixinal de Goya
Quinto traballo colaborativo dos
Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

26/1/08

Pola Paz (IV)

Violencia é que ainda no século XXI, os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse.

Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso.

Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!.

Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui 1915-1985)

Cuarto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

24/1/08

Pola Paz III

Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.

Solo le pido a Dios:

Blowing in the wind:

Rosa de la Paz:
Terceiro traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

22/1/08

A Fernando "IN MEMORIAM"


Hoxe o IES de Arzúa está de loito, e especialmente a súa biblioteca, foise un compañeiro, un apoio, un sorriso permanente, unha paciencia absoluta, unha esquisita persona que nunca vimos enfadada, e eso que a coñecemos fai moitos anos, foisenos un colega e por riba de todo foisenos un AMIGO, que deixa un valeiro tremendo nos nosos corazóns. Hoxe o seu corazón deixou de loitar. Para ti FERNANDO o noso recordo permanente.

DESCANSE EN PAZ.

Algo se muere en el alma, cuando un amigo se va
cuando un amigo se va, algo se muere en el alma
cuando un amigo se va, algo se muere en el alma
cuando un amigo se va.

Cuando un amigo se va
y va dejando una huella que no se puede borrar
y va dejando una huella que no se puede borrar
No te vayas todavía no te vayas por favor
no te vayas todavía, que hasta la guitarra mía
llora cuando dice adiós.

Un pañuelo de silencio a la hora de partir
a la hora de partir, un pañuelo de silencio
a la hora de partir, un pañuelo de silencio
ala hora de partir
Ese vacío que deja el amigo que se va
el amigo que se va, ese vacío que deja
el amigo que se va, ese vacío que deja
el amigo que se va.

El amigo que se va
es como un pozo sin fondo que no se vuelve a llenar
es como un pozo sin fondo que no se vuelve a llenar

FERNANDO... COMPAÑEIRO E MOITO MÁIS

Fernando, profesor deste centro, membro da biblio, compañeiro,... AMIGO... sempre de bo humor, sempre unha man tendida, sempre persoa, sempre querido...

Porque eras bo e nunca dixeches non cando che pedin axuda, -eu ou calquera-, disposto en calquera ocasión, loitador contra o imposíble, ... e sempre aí.

Deixasnos tantos recordos... que te seguiremos sentindo connosco... E ao mesmo tempo hoxe estamos un pouco máis sos sen ti, agora que non estás xa aquí e só temos choro, tristeza, soidade...

E Lupe... un bico dende o máis fondo do corazón

.... polo menos non sería fácil
pechar os teus grandes ollos craros
os teus ollos onde a menor violencia
permitíase razonables treguas
para volverse incrible bondade

e aínda que por fin os clausuraran
é probábel que sigas mirando
soidade compatriota de tres ou catro pobos
o limpo futuro polo que vivías....

Mario Benedetti