30/1/14

Día da Paz

O 30 de xaneiro non queremos que se nos esqueza por nada do mundo. Este ano imos deixar aquí un breve fragmento de Guerra y Paz, no que León Tolstoi amósanos unha visión esperpéntica da violencia.
Pierre escuchó que los franceses deliberaban cómo fusilarles; no podía ser de dos en dos, y se lamentaron de que fueran impares. A pesar de ello, comprobó que les resultaba muy desagradable cumplir la orden, preocupándose solamente de cómo terminar el asunto deprisa. Al final decidieron que de dos en dos. Agarraron a dos galeotes y les condujeron a un poste. Un funcionario francés con bufanda se aproximó al poste y dio lectura a la sentencia en francés y en ruso. Los galeotes miraron a su alrededor en silencio con los ojos enardecidos, como mira una fiera abatida ante el cazador que se le acerca. Uno no hacía más que santiguarse, otro se rascaba la espalda y puso sus fuertes y ásperas manos delante, ante su vientre. Finalmente el funcionario se apartó, se comenzó a vendarles los ojos y aparecieron los fusileros: doce soldados. Pierre se giró para no verlo. Pero los disparos le parecieron tan horriblemente ruidosos que le hicieron volverse. Había humo y los franceses hacían algo en el foso con la cara pálida y las manos temblorosas. Después, del mismo modo, acercaron a otros dos, quienes miraron a todos por igual en vano, callados y pidiendo protección, evidentemente sin comprender ni creer lo que iba a ocurrir. No podían creerlo. Ellos, sólo ellos, sabían qué había significado su vida, y por eso no comprendían y no creían que pudieran quitársela."

27/1/14

Aniversario de Lewis Carroll

O presente curso temos como lema "Ler ciencia na escola". Será por iso que se me ven á cabeza a curiosa vida de Charles Lutwidge Dodgson. Naceu tal día como hoxe, 27 de xaneiro, no ano 1832. A súa brillantez como matemático fíxolle gañar en 1857 un posto de profesor de matemáticas en Christ Church -prestixiosísimo colexio da universidade de Oxford- que desempeñaría durante os 26 anos seguintes (ainda que non parece ter disfrutado moito co seu posto de traballo). O que máis lle gustaba era a fotografía. Pero non o coñecemos pola súa amplísima obra fotográfica, senón pola súa adicación á literatura. Mais daquela xa non nos serve o seu nome real senón o seu pseudónimo: Lewis Carroll. Agora si se comprende. No ano 1865 publicou un dos libros máis famosos de todos os tempos: As aventuras de Alicia no País das Maravillas (Alice's Adventures in Wonderland). O multitudinario éxito do libro levouno a escribir e publicar unha segunda parte, Alicia do outro lado do Espello (Through the Looking-Glass and what Alice Found There). Posteriormente, Carroll publicou baixo o seu  pseudónimo o seu grande poema paródico A caza do Snark (The Hunting of the Snark), no ano 1876 e os dous volumes da súa derradeira obra, Silvia e Bruno en 1889 e 1893,  respectivamente.
Tamén publicou co seu verdadeiro nome moitos artigos e libros de tema matemático. Destacan O xogo da lóxica e   Euclides e os seus rivais ademais de An Elementary Theory of Determinants, escrito en 1867. Neste último dá as condicións polas cales un sistema de ecuacións ten solucións non triviais.
Semella unha curiosa mestura.
Nos derradeiros anos da súa vida  tamén se adicou ás matemáticas recreativas. Un conto enmarañado está na nosa biblioteca. Por suposto que temos a Alicia, ainda que non temos ningún País das Maravillas. Engadiremos a Lewis Carroll á nosa lista de libros para ler ciencia na escola.

17/12/13

Novidades do 1º Trimestre e Recomendacións en formato electrónico

Como é habitual xa -haberá que ir cambiando, porque o habitual é moi aburrido- en cada trimestre facemos unha lista con todos os títulos novos que temos adquirido últimamente, e engadimos algunha pequena información máis. Este primeiro trimestre do curso non se caracterizou por unha afluencia masiva de libros novos para a nosa biblioteca. Si que chegaron algúns moi recomendables, como os atlas de anatomía e de microbioloxía: son, con diferencia, o mellor de todo este trimestre.Pola contra, temos moitísimos -cando digo "moitísimos" hai que me crer- libros en formato electrónico. Así que fixen tres pequenas listaxes con algunhas recomendacións para ler en vacacións. A primeira consta de narrativa de diversos autores no xénero máis solicitado nesta biblioteca: novela de intriga, suspense, misterio, policial ... Son publicacións recentes, algunhas de moda, todas de calidade. A segunda son libros de Ciencia Ficción (xa vos avisara cando a estrea de "El juego de Ender"); algúns son auténticos clásicos. A terceira lista contén unha mestura de autores e xéneros baixo a epígrafe "Narrativa de entretenimiento": novela histórica -pero da que é un gusto ler-, novela romántica, social...

2/12/13

Las obras completas de Anton Chéjov

Dicen los críticos literarios que si el alma fuera un reloj, Chéjov sería el relojero: tal es su maestría para contar lo que ocurre dentro de nuestros engranajes. La editorial "Páginas de Espuma", con edición de Paul Viejo, ha acometido la titánica tarea de publicar en cuatro volúmenes, de unas 1200 páginas cada uno, sus cuentos completos. El primero está próximo a llegar a las librerías. Reúne 240 piezas de su primera época. El joven Chéjov de este primer volumen de sus obras completas anuncia al que será después: el relojero que con tanta precisión conoce los engranajes que marcan con inevitable exactitud el paso de nuestro tiempo hacia la muerte.

26/11/13

Jaume Plensa

Pero se non sei quen é Jaume Plensa¡ Non me volvo cuestionar sobre as inquietudes artísticas no século XXI. Premio Nacional das Artes Plásticas 2012, Premio Nacional de Arte Gráfica 2013 e acaba de recibir hoxe mesmo o Premio Velázquez 2013. Para expiar o meu descoñecemento dos nosos artistas internacionais, coa mellor vontade, deixo aquí unha mostra da obra deste escultor. Trátase dunha enorme escultura -de nome Awilda- realizada en merengue e colocada nunha famosísima praia de Brasil.

25/11/13

Majid Majidi: "O Canto dos Pardais"

"O Canto dos Pardais", do director Majid Majidi, é unha das raras -por infrecuentes- películas afastadas das redes comerciais típicas e tópicas que comúnmente chegan a nós.Trátase duuha belísima historia de amor: o que sinte un pai polos seus fillos e, moi especialmente, pola súa filla maior, que é xorda. Desvívese o home por conseguir un carísimo audífono para que a súa filla poida facer os exames na escola. En Irán. Estamos en Irán. En todas partes existen homes maltratadores e homes bentratadores. Conmove a dor deste pai pola súa nena. Proxectamos nestes días a película para que os alumnos vexan o outro punto de vista do amor: o bo.

22/11/13

Un corto de Chus Gutiérrez

Non llega a dous minutos a duración de "Sin pensarlo dos veces", un corto do ano 2009 que presenta a dous adolescentes namorados?. Non. En ningún diccionario do mundo -nin cando se tratase dun diccionario enciclopédico- chamarían así á relación malsán de posesión e sometimento que hai entre eles. Acabamos de proxectalo nas aulas do primeiro ciclo de ESO. Os protagonistas son unha moza e un mozo como tantos que hai neste instituto; dalgún xeito, os rapaces do centro débense ver reflectidos neles. Supoño que é a maneira de que lles impresionara tanto. O Día contra a Violencia de Xénero está moi preto e imos velo con prespectivas diversas.

14/11/13

Aniversario de A la recherche du temps perdu

Hoxe, 14 de novembro, cúmplense cen anos da publicación do primeiro tomo desta magna obra. Despóis de que o manuscrito fora rechazado pola editorial Gallimard (Proust nunca llo había perdoar a Jean Schlumberger e a André Gide), o autor pagou do seu peto a publicación de Du côté de chez Swann. Se hoxe chegara Proust a presentarlle a súa obra a calquera editorial, ¿habíana aceptar? Non estou moi segura. A verdade é que paréceme que non. Nihil sub sole...

11/11/13

Ler ciencia na escola

Imos comenzar o antes posible. Xa temos dous autores escollidos: Jean Echenoz e Oliver Sacks. Os dous autores están na nosa biblioteca en formato electrónico e queremos ler algo deles cos nosos alumnos máis novos. De Jean Echenoz leremos "Lóstregos", que trata sobre o famoso Nikola Tesla, inventor, mecánico, enxeñeiro electricista e físico de orixe serbia. É coñecido, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo. Tamén contribuíu en diferente medida ao desenvolvemento da robótica, o control remoto, o radar, as ciencias da computación, a balística, a física nuclear e a física teórica. O que máis chama a atención nel é que debeu ser unha alma grande, ao lado de xentes mezquiñas como Thomas Alva Edison. Do segundo autor -Oliver Sacks- queremos ler "O Tío Tunsteno", relato autobiográfico no que conta a súa accidentada infancia (os experimentos de química teñen os seus riscos).

8/11/13

El juego de Ender

Casi treinta años ha tardado Hollywood en aceptar el reto que supone llevar a la pantalla "El juego de Ender", el clásico de ciencia ficción escrito por Orson Scott Card. Y resuelve ahora el envite con una efectista superproducción protagonizada por Harrison Ford, Ben Kinsley y un muchacho llamado Asa Butterfield. Gavin Hood dirige esta película de más de cien millones de dólares para trasladarnos a un futuro en el que la humanidad se enfrenta a su aniquilación a manos de los "insectores", una especie extraterrestre más avanzada. En nuestra biblioteca contamos con las obras completas de Orson Scott Card en formato electrónico. Lo que he leído en el libro no concuerda grandemente con lo que he leído sobre la película, pero habrá que verla sin prejuicios y después juzgar.