Este é un ano de conmemoracións literarias. A conmovedora figura do poeta alexandrino é recordada neste ano no que se cumpren 150 anos do seu nacemento e 80 da súa morte. Poeta grego nacido en Alexandría (Exipto), onde viviu a maior parte da súa vida, foi unha figura fundamental da literatura grega do século XX. Era tan crítico coa súa persoa que publicou moi pouco en vida. Polémico e iconoclasta, rexeitaba os valores tradicionais do cristianismo, a ética heterosexual,o nacionalismo e o patriotismo. Os versos de Constantino Cavafis, solemnes e tráxicos,mesturan a historia da Grecia antiga, o helenismo e a época bizantina con asuntos contemporáneos, como ocorre en dous dos seus poemas máis coñecidos, 'El dios abandona a Antonio' e 'Itaca', escritos en 1911. A obra de Cavafis empezou a coñecerse fora de Grecia a través de autores británicos de grande sona, primeiro, E. M. Forster (1923); despois, coa publicación de "El Cuarteto de Alejandría", de Lawrence Durrell (1957-1960). A súa influencia foi importante non só nos mozos gregos, senón tamén en escritores estranxeiros. A súa obra foi publicada en toda Europa. Pódense ler algúns poemas aquí:Constantino Petrou Cavafis.11/4/13
Lembrando a Constantino Cavafis
Este é un ano de conmemoracións literarias. A conmovedora figura do poeta alexandrino é recordada neste ano no que se cumpren 150 anos do seu nacemento e 80 da súa morte. Poeta grego nacido en Alexandría (Exipto), onde viviu a maior parte da súa vida, foi unha figura fundamental da literatura grega do século XX. Era tan crítico coa súa persoa que publicou moi pouco en vida. Polémico e iconoclasta, rexeitaba os valores tradicionais do cristianismo, a ética heterosexual,o nacionalismo e o patriotismo. Os versos de Constantino Cavafis, solemnes e tráxicos,mesturan a historia da Grecia antiga, o helenismo e a época bizantina con asuntos contemporáneos, como ocorre en dous dos seus poemas máis coñecidos, 'El dios abandona a Antonio' e 'Itaca', escritos en 1911. A obra de Cavafis empezou a coñecerse fora de Grecia a través de autores británicos de grande sona, primeiro, E. M. Forster (1923); despois, coa publicación de "El Cuarteto de Alejandría", de Lawrence Durrell (1957-1960). A súa influencia foi importante non só nos mozos gregos, senón tamén en escritores estranxeiros. A súa obra foi publicada en toda Europa. Pódense ler algúns poemas aquí:Constantino Petrou Cavafis.25/3/13
Década de Acción para a Seguridade Vial
19/2/13
Contos completos, de Guy de Maupassant
Conta a nosa biblioteca desde hai un tempo cun novo monumento literario: unha edición, en dous tomos, dos contos completos de Guy de Maupassant, o xenial escritor que tanto influira en outros moitos autores como Anton Chéjov ou Leopoldo Alas, o que o converte nun decisivo antecedente directo do conto moderno. Bel Ami, Mademoiselle Fifi, Bola de sebo, A Pensión Tellier e O Horla poden ser considerados os seus contos mais significativos. A traducción ao castelán é de Mauro Armiño, quen é Premio Nacional de Traducción e o máis reputado especialista na obra de Maupassant.
Nesta dirección pódense ler algúns moi interesantes traducidos ao galego por Isabel Soto http://tradutoresgalegos.com/pdf/ContosMaupa.pdf.
30/1/13
Exposición sobre o Día da Paz
29/1/13
Tolstoi, o mestre de Gandhi
Coincidindo co centenario da súa morte, publicarase o ensaio do escritor ruso que marcou o pensamento político do revolucionario indio. A edición incluía a correspondencia mantida entre ambos, na que o autor de Guerra y paz o instrúe na doutrina da non violencia. Mañán cúmplense anos da morte de Gandhi.
"Requirir que cese toda aplicación obrigatoria de impostos, así como a abolición de todas as institucións legais e da policía e, sobre todo, das institucións militares". Esas eran algunhas das receitas do escritor ruso, pero no só para un país concreto, senón para todo o mundo. Tolstoi arremeteu no libro contra a Igrexa, por conciliar violencia e relixión, e o Estado, que só sirve para oprimir á poboación en beneficio de uns poucos. "Nin a banda de malfeitores máis desapiadada é tan terrible como unha organización estatal", escribiu sen disimulos. Influído polo ensaio de Henry David Thoreau La desobediencia civil, plasmou tamén a súa particular visión sobre a doutrina da non violencia, converténdose en una mestura de filósofo anarcopacifista e ideólogo cristián libertario. "O auténtico cristianismo, a doutrina da resignación, do perdón ás ofensas e ol amor e o Estado con toda a súa pompa, a súa violencia, as súas execucións e a súas guerras son dous conceptos irreconciliables”, escribiu o novelista ruso.
A lectura do libro abriu o pensamento de Gandhi. A correspondencia entre ambos iniciouse o 10 de novembro de 1901. Gandhi escríbelle desde Londres para falarlle sobre a loita dos indios na provincia sudafricana de Transvaal, onde xa se estaba cociñando o experimento sudafricano coñecido posteriormente como “Apartheid”. "A lei do amor deixa de ser válida si se defende pola forza".Gandhi pediulle a Tolstoi que utilizara "a súa su influencia" para popularizar o movemento de resistencia. "De ter éxito no só sería un triunfo da relixión, o amor y a verdade sobre a irrelixión,o odio y a falsidade, senón que moi probablemente serviría como exemplo para os millóns de seres que viven na India, o para xentes noutras partes do mundo que puidesen estar oprimidas, e que certamente significaría un avance de cara a acabar coa violencia, polo menos na India”, escribe Gandhi sobre unha loita sen cuartel que desafiaba abertamente as leis racistas con actos de desobediencia pacífica reprimidos brutalmente polas autoridades coloniais británicas. "A súa lectura arreloume. Marcoume para sempre", admitiu Gandhi.
28/1/13
Homenaje a Stefan Zweig
La editorial Acantilado acaba de publicar todas las novelas de Stefan Zweig en un gran volumen de 1500 páginas. El explorador de las pasiones ha ido tomando un lugar de privilegio en el imaginario de diversas generaciones de lectores. Sus novelas, en las que hace muestra de una especial elegancia de estilo, así como de una singular pericia y delicadeza en la descripción de los sentimientos, nos seducen desde las primeras líneas, motivo por el cual han sido enormemente populares. En este volumen se recogen todas ellas, tanto las más extensas como las nouvelles que le dieron gran fama, y que siguen fascinando a sus lectores con la fuerza del primer día.
El volumen contiene: Ardiente secreto, Carta de una desconocida, Los ojos del hermano eterno, Veinticuatro horas en la vida de una mujer, El candelabro enterrado, La impaciencia del corazón, Novela de ajedrez, La embriaguez de la metamorfosis; y las inéditas en Acantilado Miedo, Confusión de sentimientos y Clarissa.
Después de leer Veinticuatro horas en la vida de una mujer se constata -con profundo asombro- que han existido hombres en el mundo observadores, conocedores y respetuosos de la mente de una mujer. Demasiado exquisito para estos tiempos de banalidad.
28/11/12
Exposición sobre a violencia de xénero
28/5/12
Nómades
Temos na nosa biblioteca un libro impresionante, sinxelo e fondo a un tempo. O ilustrador Xosé Tomás retrata a emigración feminina en Nómades, novela gráfica articulada sobre breves pero reveladores episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e condicións. Polas súas páxinas pasan mulleres que atravesan o océano en caiuco, que se prostitúen para enviar o diñeiro ás súas familias, que emigran na vellez por acompañar os fillos e non se adaptan, que viven ás agachadas o seu lesbianismo ou que non poden regresar ao seu país a enterrar a un ser querido pola situación laboral irregular na que se atopan. Trátase dunha historia que ten fe na superación persoal, posto que comeza cunha travesía pola morte, e remata coa redención humana. O autor documentouse a fondo para escribir e debuxar cada un dos episodios, o que nos permitirá coñecer de primeira man a vida das protagonista, rexeitar ideas preconcebidas e, sobre todo, comprender o drama de todas estas persoas.
9/5/12
Trogloditas

Para esforzarse no traballo e dar o mellor rendemento non hai acicate como o apoio, o ánimo, o recoñecemento por parte dos demais. Vímolo todos o pasado sábado no concerto de Trogloditas. Subira a banda ao escenario con poucos folgos –agás o batería, Jordi Vila, que era a alma do grupo-, pero ao cabo dun ratiño, cando foron sentindo como cantabamos no público, como os animabamos e, principalmente, o ben que o estabamos a pasar, entón tamén eles se foron entregando. O resultado foi un concerto memorable, o primeiro co que a sala Le Club da comezo á tempada. Un concerto co mellor protocolo clásico: teloneiros –a banda coruñesa Doctor Snob-, puntualidade, diálogo entre músicos e público, a sección rítmica orixinal de Trogloditas e varias cancións –das máis famosas- a maiores: o público non nos cansabamos de pedir outra canción e Lobo –o cantante- concedíanola. O noso parabén. Trogloditas
18/4/12
Exposición sobre a Constitución de 1812
O pasado 19 de marzo celebrábase o bicentenario da proclamación da nosa primeira Constitución, tal día do ano 1812, na cidade de Cádiz. Non podiamos deixar de lembralo e dedicarlle unha mínima homenaxe. A biblioteca organizou unha exposición con información sobre o contexto histórico e un breve resumen dos artigos máis importantes. Acompañaban aos textos imaxes da edición orixinal, de cadros da época e do cartel oficial publicado pola comisión organizadora do Bicentenario da Pepa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


