atopou unha perla de tamaño extraordinario.O relato impresionou a Steinbeck polo realismo e polo esplendidamente que retrataba o conflicto latente na cidade e a avaricia que hai no corazón do home que fai esquecer o sentido da xustiza e da solidariedade.
Finalmente decidiu empregar a historia como base deste relato curto que é “A Perla”.
A Perla pareceume unha obra complexa, aínda que nos poida parecer un conto sinxelo: é como a propia vida, na que nada é como parece á primeira ollada e os plans cando están feitos e formulados convértense nunha realidade fácil de atacar... tanto que mesmo pode arrastrar a aquel que os fixo.


