21/9/08

Los girasoles ciegos

Monse, unha lectora habitual deste blog fíxome chegar os seguintes comentarios sobre unha das películas que estes días estan de actualidade por ser escollidas para a primeira selección das que irán aos Oscar. Alá vai...

En Ourense nos escuros anos da postguerra, a personaxe de Maribel Verdú, lévanos maxistralmente á súa dobre vida, ao seu mundo, o cal resulta incompatible ca dura realidade que están a vivir. Tódalas personaxes vense arrastradas por sentimentos moi intensos que o espectador capta rapidamente pola moi boa interpretación dos actores, entre eles o rapaz, Roger Princep, que interpreta con soltura a Lorenzo, que sen comprender moi ben o que está a suceder no seu entorno, adáptase como pode e improvisa para protexer á súa nai e ao seu pai.
Para Salvador, o cura, a vida tampouco e tan fácil, do seu papel aparentemente acosador e opresor pasa as veces a ser vítima de esa mesma represión que se vive na sociedade naqueles anos, acentuando aínda máis o seus sentimentos encontrados que ao mesmo tempo trasladará as súas vítimas, forzando a situación ao máximo para provocar unha dor tremenda a todos eles, incluído a él mesmo.
Javier Cámara ten poucas oportunidades para conectar co público pero cando o fai sabe transmitir a agonía que esta padecendo en cada segundo.
Na película, José Luís Cuerda, quere reflectir tristemente unha realidade acontecida en España que non debe volver a pasar, a ensinanza que se desprende é que a represión e a intolerancia é intolerable para vítima e verdugos.

Só engadir que leades o libro do mesmo título do escritor Alberto Méndez.

18/9/08

O Quixote en Sotavento

Onte nunha excursión que fixemos nun curso a Sotavento descubrín unha magnifica forma de unir a literatura e o vento, ou mellor dito as enerxías renovables.... Pois si resulta que con motivo do 400 aniversario do Quixote organizaron unha exposición sobre como se trata o vento nesta obra de Cervantes, e,como cae de caixón, o vento é fundamental neste parque eólico. Unha parte desta exposición (a exterior) continúa alí , así que si te animas ....
"Como argumento establécese que en 26 capítulos das dúas partes do libro, Don Quixote e Sancho teñen como conversa principal o vento. Con este fío condutor a exposición relaciona estas conversas entre os principais personaxes do libro coa enerxía eólica en particular, as enerxías renovables en xeral e incluso con elementos significativos da propia localización xeográfica do parque.
A exposición O Quixote e o vento consta de dous espazos: un exterior, no que os fustes dos propios muíños son o soporte expositivo. Neles sitúanse grandes figuras sacadas dos personaxes do libro, que acadan os 25 metros de altura. Na base dos mesmos instaláronse ademais uns plotters xigantes de máis de catro metros de longo para explicar aqueles capítulos do Quixote nos que o vento é o protagonista. Ademais cada plótter contén información relacionada con Sotavento, coas enerxías limpas e incluso consellos de eficiencia enerxética. A loucura do Quixote guíanos cara ó desenvolvemento sostible.
En total son 24 muíños que se ven nun percorrido de 4 quilómetros, nun espazo singular, a carón mesmo das Fragas do Eume. A visión dos personaxes é espectacular polas dimensións das figuras".
(Explicación recollida na páxina web do Parque eólico experimental de Sotavento na Serra da Loba)
Imaxe dun dos muíños da exposición (vía páxina web de Sotavento)

8/9/08

Iniciando o camiño...


Estamos de volta e como podedes observar, cambiamos de aspecto e de estructura... a idea é irse adaptando ás novas cousan que van xurdindo... pero seguindo os post de Antonio Alonso no blog "A nosa biblioteca", aínda nos queda mogollón que aprender... cando unha pensa que xa imos sabendo algo, este compañeiro (que se encarga de fastidiarnos) vai e nos mostra algo que descubriu non sei onde ou que lle pasou non sei quen... eso si, segundo el todo é doadiño... pero é mentira... poste a mirar e non é tan fácil como el o conta. En fin que está un morrendo e aprendendo (como dicía miña avoa), e menos mal por ter a Antonio que nos vai azuzando e metendo o verme de novos camiños que explorar.
Por onde ía eu que xa me perdín... ah! o cambio de cara... pois eso que de vez en cando hai que ir a pelu e poñer cara de sábado e emprender cousas novas. Neste caso cambiamos porque a parte esquerda do antiguo blog, comenzaba a parecer unha mestura de cousas sen xeito e pensamos que este novo formato podería axudar a centrarnos no noso obxectivo que continúa a ser o noso alumnado... Deste xeito na parte central continuamos coas publicacións, a parte dereita reservámola para a nosa biblio e o noso centro, e a parte esquerda para todo aquelo que nos parece interesante (e hai moito) pola rede.
Na parte superior, na cabeceira, introducimos 3 enlaces que teñen que ver con nos e o noso centro. ¡Anímate a visitarnos e non esquezas os comentarios! que nos alimentan e nos axudan a seguir.
Espero que vos guste e que resulte máis doado de entender e ver.
Pronto voltaremos coas novas da biblio para este curso que esperamos sexa productivo e divertido para todos e todas. Para empezar comenzade coa reflexión:

" Cada uno tiene una forma diferente de ver la vida, de convivir con las dificultades y con las conquistas. Enseñar es mostrar qué es posible. Aprender es volver posible a sí mismo" (Paulo Coelho).

15/7/08

Este verán imos descansar

Bueno que xa vedes que andamos un pouco vagos e é que este curso foi longo e forte e tivemos e temos que descansar por eso despedímonos ata setembro aínda que imos a seguir facendo cousas, porque a cabeza non para de dar voltas, entre outras estamos a traballar cunha nova plantilla de blog porque queremos ampliar horizontes e cambiar... con vos.
Pero non quero despedirme durante o verán sen deixarvos unha recomendación de lectura que engancha e moito, ou polo menos a min enganchoume e deixoume sen un montón de horas de sono.... A recomendación que vos dou é que leades o libro de Almudena Grandes: "El corazón helado" que a pesar das súas 933 páxinas, da súa letra miudiña, miudiña... foi un auténtico gusto de lectura, non é que a min me gusten especialmente as lecturas sobrea a guerra civil española, pero si me gustan as que enlazan pasado e presente como un destino onde os personaxes se unen dunha forma especial e as súas influencias nuns e noutros e como os mesmos acontecementos se viven de forma tan distinta segundo os corazóns das persoas.... pois eso que o leades, canto máis coñezamos sobre a historia máis difícil será volver a repetila.

FELIZ VERÁN non esquezades a LECTURA, a XOLDRA, o PASEO, o TUMBARSE Á BARTOLA, o DURMIR, o DEPORTE, a PRAIA, a MONTAÑA, as ÁRBORES,.... a VIDA.

8/7/08

III Encontros Edublogs

Os días 3, 4 e 5 de xullo en Santiago organizouse un gran acontecemento, o terceiro encontro de edublogs da man de Aula Blog, un referente na rede e agora que algúns deles os coñecemos en persoa, un referente en todos os sentidos... Pois iamos para aprender e o logramos, pero pasámolo tan ben, que case non me din conta da cantidade de cousas que trouxen na miña cabeza, que fácil é aprender con xente fantástica e ademais de forma tan agradable.
Moitas cousas fantásticas:
A Charla inicial por videoconferencia coa profesora da universidade Carlos III Tíscar Lara. Os comentarios sobre a publicidade alucinantes....
Encantáronme as ponencias en especial a de "Internet intramuros", unha experiencia contada por Pilar Mingote e Berta García, alucinante, recoméndovos que miredes o seu blog e que deixedes comentarios... CHICAS 10
Outra experiencia fantástica a de Juan Tadega, sobre a accesibilidade dos blogs, unha ponecia para a reflexión, eu nin me dera conta de nada do que nos estivo a contar, as veces non é cuestión de querer ou non querer, é só cuestión de descoñecemento total e absoluto das cousas,... pero unha vez que se sabe hai que procurar conseguir que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades...
Por suposto o listón quedou moi alto coa intervención de Loly Lago e a colaboración imprescindible entre bibliotecas e web social....
Pero tamén estiveron xenial as charlas, a espontaneidade, as risas, a guitarra de Isidro, a voz de Olga, a tranquilidade de Lourdes, o bo facer de Lucía, o baile de Ana, a charla impresionante de Jon Bustillo (¡que pasada de ponencia!), a gracia de Charo, as experiencias en moodle de Victor.... Uf tantos nomes e tantas caras.... o ano que ven espero continuar este encontro en Getxo
Esto é algo que non se sabe o que engancha ata que te metes no asunto, coa salvedade de que non é nocivo para saúde, bueno as veces si porque con tanto blog as noites fanse un pouco pequenas, pero .............. Sarna con gusto non pica..............

Mira as fotos do encontro e outros anteriores Ayerbe e Roa

Feliz verán

6/7/08

Nubes de etiquetas, nubes de palabras

Hoxe atopei unha cousa moi curiosa vía A nosa Biblioteca, e que se crea en Wordle . É o que se chama Nube de etiquetas e que cando menos é simpática. Aquí tedes a nosa nube de etiquetas (mellor dito a do noso blog).

Tamén en Raioteca

30/6/08

Xornada dos clubs de lectura

O mércores 25 de xuño asistimos en Santiago a unha xornada maratoniana pero fantástica sobre clubs de lectura.
Comenzamos pola mañá coa intervención de Blanca Calvo e a súa ponecia "Os clubs de lectura, o pracer multiplicado por dous".
Despois varios compañeiros de centros nos amosaron as súas experiencias (marabillosas por certo) dos seus clubs... : Begoña Valdés (club lectura Bibliotero do IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña), a que me alegrei moitísimo de volver a ver despois de cerca de 20 anos de coincidir en Santa Comba ; Enrique Sosa (club de lectura leixaprén do IES as Telleiras de Narón), Marga Tarrio (club de lectura "As mariñas lectoras" do IES As mariñas de Betanzos), Benigno Nerga (club de lectua Alexandre Bóveda do IES do mesmo nome en Vigo), Loly Lago, mestra entre as mestras (club de lectura do segrel de IES de Fene), Beatriz González que fai eses marabillosos carteis que nos cede desinteresadamente para o noso blog (club de lectura Balborodo, do IES Río Cabe de Monforte), Charo Vázquez (club de lectura A Cova Céltica do IES Isaac Díaz Pardo de Sada) e Emilio Roca (club de lectura Arao do IES Pedra da Aguia de Ponde do Porto).
E tamén estivo con nós e arrancounos moitas risas o escitor e conta contos Pep Bruno ...
En fin un día fantástico polo aproveitamento, polas charlas e polas risas. E dende aquí un saúdo moi especial a esa Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia que sempre está pendiente do que precisamos nos centros e ademais organizou unha xornada impecable en todos os sentidos. Aínda tedes capacidade de sorprendernos ... GRAZAS.
Si vos apetece ver as fotos visitade O segrel do Penedo, que as colgou todas (as que debía e as que non...) como sempre Grazas tamén a ti Loly pola reportaxe e por todo

22/6/08

Árbores: coñeceas para salvalas...

Pois si unha vez maís falando de árbores, e nesta ocasión cun lema moi básico pero moi real, está demostrado que aquelas árbores que todo o pobo coñece ou que forman parte da vida diaria das xentes, son as que se salvan, as que non acaban nos salpicaderos dos automóbiles de luxo, ou en xardíns impesionantes de xente rica ós que chegan despois de pagar cantidades millonarias, ... en fin que igual que todo neste mundo, as árbores tamén están ameazadas e sen defensa posible, de aí que vos anime dende aquí a que coñezades o noso patrimonio vexetal e o respectedes, facéndoo propio para que continúe aí, ensinándonos que somos unha pequena gota no océano do universo...

E como xa imos empezar as vacacións e o curso foi longo e complicado, unhas imaxes para que vos relaxedes coa beleza desas amigas que nos regalan todos os días unha gota de sabiduría e de beleza.

7/6/08

Intelixencia, sensatez e poder

A través de "A nosa biblioteca" fai tempo que descubrín un blog fantástico que me gusta mirar de cando en vez: "Los minicuentos" de Braulio LLamero, e hoxe pasando un estupendo rato lendo neles gustoume un especialmente que vos traio aquí, aínda que vos recomendo que pasedes por ese blog hai minicontos moi curiosos, que teñen a súa miga..., o da vaca tamén é moi bó.

Ante la cercanía de su muerte, un rey mandó llamar a sus tres hijos.
-Solo uno de vosotros me puede heredar. Puede hacerlo el mayor, por tener más edad. Puede ser el segundo, por ser el más sensato. O quizá deba ser el tercero, por ser el más inteligente. Pero antes de tomar mi decisión, quiero saber lo que pensáis.
El más pequeño, inteligente como era, se puso a meditar sobre el aparente enigma. El del medio, con su habitual sensatez, consideró que no convenía precipitarse en la respuesta. El mayor, carente de inteligencia y de sensatez, desenvainó la espada y mató a los dos.
-¿Cuál era la pregunta?

El rey suspiró:
-Me temo que la lógica del poder aborrece la inteligencia y desconfía de la sensatez.
Y se apresuró a fallecer, por si su ya único hijo no podía esperar.

5/6/08