O teixo é unha árbore discreta, non moi chamativa, excepto cando está co froito de cor vermella moi visible, pertencente a familia Taxaceae e é propia de lugares montañosos, frescos e húmidos. Son moi lonxevos puidendo acadar os 2000 anos. Dícese que o de Fortingall-Escocia é o máis vello do mundo, incluso se lle atribúen 5000 anos, aínda que se supón que ten algúns menos. Segundo a lenda Poncio Pilato, que era fillo dunha muller da localidade e dun oficial romano, xogaba baixo as ramas deste teixo cando era un neno. Na actualidade está moi tocado porque os anos non pasan en vano, nin siquera para o lonxevo teixo. Na peninsula ibérica hai fermosos exemplares como o de Quirós en Asturias e o famosísimo "Teixedal de Casaio" en Pena Trevinca, que é un bosque formado por árbores centenarias e incluso algunha milenaria. Tamén en Galicia destaca o da Igrexa de Córneas - Baleira - Lugo. (Ärbores monumentais de Rodríguez Dacal e Jesús Izco).
As virtudes curativas do teixo sempre foron moi coñecidas: Xa o emperador Claudio publicou un edicto onde dicía que era o mellor antídoto contra as picaduras de serpes, en 1971 descubríronse as propiedades anticanceríxenas do taxol, un dos seus compoñentes... Pero do mesmo modo que cura pode matar, xa que todo el, excepto o froito vermello, é tóxico, coidado si o comedes porque a semente que vai dentro do froito tamén é velenosa. Sábese que unha infusión de teixo pode matar a un adulto, e bastán unhas cantas follas para matar a un rapaz. Nos pobos do norte da Península Ibérica (astures, galaicos e cántabros) as sementes eran usadas para suicidarse cando se atopaban sitiados polo inimigo ou eran collidos presos.
Esta árbore foi sagrada para os Celtas, e os cristiáns a miúdo construiron as súas igrexas e cemiterios ó lado dos teixos. Outra lenda aconta que as raíces dos teixos, chegan as bocas dos cadáveres, simbolizando a vida na boca da morte. E polo día de difuntos tamén era costume levar ós mortos unha ramiña de teixo para guialos no país das sombras.


Non hay nada comparable co gozo do saber científico, porque con el podemos coñecer o universo, o mundo que nos rodea, a vida e a nós mesmos. E, aínda así, disuadénos dese coñecemento unha prevención inxustificada: solemos crer que é difícil e, quizais, prescindible. É un tráxico erro. Primeiro, porque deixa ós ignorantes indefensos ante a natureza e as súas manifestacións cotidianas; despois, pporque perden irremisiblemente unha forza inagotable de pracer intelectual.






