26/11/25

Concurso de postais de Nadal

Xa temos aquí o concurso de postais de Nadal da biblio! Tedes toda a información sobre condicións e premios no cartaz. Animádevos a participar!

20/11/25

Mes da ciencia en galego na Biblio

En novembro celebramos o mes da ciencia en galego na biblio. Mirade qué lote de actividades temos planificadas!!
NOVEMBRO 2025 MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS de Biblioteca IES de Arzúa

19/11/25

Intercambiador de roupa

Os mércores poñemos a funcionar o intercambiador de roupa na biblio. Do 22 ao 30 de novembro participamos na semana europea para a redución dos residuos. No vídeo tedes toda a información.

12/11/25

Honrando os defuntos dende a biblio

Na biblio o grupo de calceta e gancho non dubido en caracterizarse, o profesorado de inglés veu facer pantasmas, os de 1º eso deciraron a súa porta terrorífica e o equipo da biblio colocou e decorou expositores.

4/11/25

HALLOWEEN WORKSHOP

A última semana de outubro, o Departamento de Inglés achegouse á biblioteca para facer un obradoiro de orrigami coa rapazada. Morcegos, pantasmas e buhos inundaron a nosa biblio. Moitas grazas por facer a ledicia de todos nos.