22/11/23

XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

0 18 de novembro biblioarzúa achegouse ó Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia para participar nas Xornadas anuais de Bibliotecas Escolares. Con charlas moi interesantes, neste curso co lema "Unha biblioteca en viñetas, destacamos a Conferencia plenaria "Imprescindibles Bedetecas" impartida por Miguelanxo Prado, co cal tivemos a oportunidade de compartir impresións ó final das Xornadas e que nos deu moitas ideas para ampliar os nosos fondos de banda deseñada. Asistimops tamén á charla de Alberto Dafonte, da Universidade de Vigo, sobre " a loita contra a desinformación". Impresionantes os visualthinking que nos ían amosando en pantalla

9/11/23

Remeber, remember...“Guy Fawkes Night”

O Departamento de inglés recórdanos con este boneco que chega ou 5 de novembro, día que se celebra en toda Inglaterra a “Guy Fawkes Night” en memoria da errada "Conspiración da pólvora" de 1605. Fawkes e compañía eran católicos e esperaban que voando as Casas do Parlamento de Londres para asasinar a Jacobo I desencadearíase unha revolución católica na Inglaterra protestante. Guy Fawkes é sinalado como un dos máis grandes viláns da historia británica máis de 400 anos despois da súa morte aínda que o non ideou nin dirixiu o plan. O que ocorreu foi que foi a el a quen descubriu merodeando nas bóvedas da Cámara dos Lores a iso da medianoite do 4 de novembro de 1605. Mala sorte amigo!!

8/11/23

SAMAÍN 2023

Aquí tedes o traballo de samaín realizado polo alumnado de galego e o volutariado da biblioteca. Parabéns a todos e todas polo traballazo.

"a hora oral mola".....no 26 de setembro, DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2023

Hoxe voltou o EDLG á biblioteca. O alumado de 1⁰ de bachatelato leu o 1⁰ texto feito en galego por Rosalía de Castro e publicado inicialmente en 1861 no xornal madrileño El Museo Universal e en 1862 en El Álbum de la Caridad. Trátase do supercoñecido "Adiós ríos, adiós fontes" publicado despois en 1863 en Cantares Gallegos. Logo visionamos tres vídeos: unha versión actual musicada do citado poema e interpretada pola cantante eurovisiva galega Lucía Pérez, o de Sabela versionado por Rosa Cedrón e Cristina Pato(Negra Sombra, de Follas Novas) e o de MJ Pérez "Malaxente" o rap feito sobre " Castellanos de Castilla"coa música da actual Rosalía. 😉

" a hora oral mola"...POLO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

O Departamendo de Inglés animouse a participar no novo proxecto da biblio deste ano "A HORA ORAL MOLA". Tratando de traballar na mellora da oralidade do alumado de 3º deE SOe baseándose en traballos da periodista e activista dos Dereitos Humanos Rafeef Ziadah. Moitas grazas por vir.

"a hora oral mola".....no DÍA DAS ESCRITORAS 2023

O EDLG non para!!!! veu tamén para a biblio para traballar o Día das Escritoras o 16 de outubro. O voluntariado da biblio preparoulle un stand ben bonitiño onde se quixo dar a coñecer os premios das escritoras Paula Carballeira e
Xenial experiencia para seguir espallando a lingua galega polo mundo, mellorar a competencia oral do alumnado e traballar a interculturalidade tan presente no noso IES de Arzúa.

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023

Amosamos como celebramos o día das bibliotecs. Dentro da temática deste ano adicada á banda deseñada, "Os supermega" prepararon cartel e expositor que vedes e fixemos unha exposició de banda deseñada que temos dispoñible na biblio.
Ven vela e levala en préstamo

COLABORANDO NOS ERASMUS DAYS

Pois o que ledes, si. Celebráronse os Erasmus days 2023 no IES de Arzúa, e ahí estivo Biblioarzúa colaborando. Non o imos ocultar. Cada vez que na biblio nos falan de ERASMUS+ póñensenos os dentes largo vendo todo o mundo que se abre para a rapazada con este programa!!!! Emocionámonos e puxémonos máns á obra: pizarra, marcapáxinas, chapas...foi o que nos deu tempo a prepararlles.
Invitaron a todos á festa Erasmus+ e que ben o pasamos. Desempolvamos as cacharadas que temos para entroido para ir facer unha foto ó photocall que prepararon...e a cambio disfrutamos dunha rica bica que tiñan. Moita sorte erasmus +. Non perdades a magnífica oportunidade de participar neste programa. Non vos arrepentiredes. E mira por donde, ata nos invitaron a ir a Radio Arzúa a contalo. Maravilloso. Grazas.

REMOZANDO A BIBLIO

Qué opinades dos cambios que estamos a facer na biblio? Moitas grazas a Pablo e o seu alumnado por axudarnos.

"OS SUPERMEGAS" NOVO EQUIPO DE VOLUNTARIADO

As voluntarias e os voluntarios este curso son TOP!!! Cantas veces nos pararían polos pasillos preguntando cando facemos unha reunionciña!!!! Estaba programada para o xoves 9 de novembro, pero os de 4º ESO marchan a Santiago. Esperamos por eles e vémonos a semana do 13 ó 17 de novembro..que hai moitas mais cousas en mente para facer.

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS

Ola a todos e todas. Non sin tempo, damos po rrematada a formación de usuarios da biblioteca este curso. NEXT STEP: FORMACIÓN DO PROFESORADO. Todos e todas podedes tedes as portas da biblio abertas para o que precisedes: ler, descansar, m editar, xogar...mesmo escachar coa risa. Esperámosvos.

6/11/23

Halloween

Días intensos na biblio por Halloween!! As e os voluntarios de biblioarzúa puxéronse de acordo para traer unha degustación de DOCES TERRORÍFICOS, Dedos de bruxa, ollos, arañas, pantasmas.....non faltou de nada neste día de festa!!!!. Así da gusto traballar!!!!Moitas grazas a todos/as
Coa axuda dos departamentos de dinamozación da Lingua Galega, Relixión e Inglés, así loceu o noso espazo:
Os menbros do Departament de Inglés animáronse tamén a virnos ensinar a facer estas pantasmas con papiroflexia...e tamén nos trouxeron uns doces. Tanks!!