ENTREVISTA A ANDREA, a protagonista de Nada de Carmen Laforet.
REPORTEIRAS: Andrea Varela e Aurora Rguez
Benvidos e benvidas de volta ao Blog do IES de Arzúa. Hoxe atopámonos en Madrid para falar con Andrea, protagonista do libro Nada, narrado por Carmen Laforet. Agora estás aquí en Madrid debido ao teu novo emprego, pero gustaríanos que nos falases da túa primeira impresión cando entraches naquela vivenda da Rúa Aribau.

-E que sentías ao sair á rúa e pasear por Aribau?

-Non había ninguén con quen poideras ser ti mesma? Por exemplo con Ena?
-Con Ena ao principio pode que non, pero pouco a pouco fun sendo máis natural.
-Que impacto cres que causou Ena na túa vida?
-Durante a miña estancia en Barcelona, Ena foi, sen dúbida, o meu refuxio. Dalgún xeito sentía que podía esquecer os problemas que había na casa e na familia sempre que estaba con ela. Fixémonos moi boas amigas e sempre era a persoa coa que necesitaba estar para sentirme mellor despois dalgunha mala pasada na casa.
-Cres que algunha desas malas pasadas eran consecuencia da actitude do teu tío Juan, por exemplo, cara a Gloria? Como te sentías ti ao ver esas duras situacións?
-Pois a verdade e que sí que me afectou, nunca conseguía entender de onde viñan tantos enfados e que necesidade había de facer sufrir á pobre Gloria dese xeito. Eu chegueime a sentir incluso atemorizada, nunca estaba suficientemente segura de que non me fose a ocorrer a min o mesmo que lle pasaba a ela. Non conseguín acostumarme a aquela actitude tan violenta que, dalgún xeito, posuía a Juan por momentos e que facía a situación da familia máis complicada do que xa era.
-E que sentías ao ver á túa avoa entre tanto descontrol, sen que ela poidese facer nada para arreglalo?
-Moitas veces poñíame no seu lugar, eu non sabería como xestionalo. Eu dábame conta de que ela quería que a situación cambiase, pero non era quen de facer que pasase. Non sería capaz de explicar o que sentía ao ver que unha muller que loitara tanto por sacar á súa familia adiante estaba vendo como esta se iba descompoñendo cada vez máis rápido. Dende que vin para aquí, non deixei de pensar en que faría eu, ou calquera outra persoa, se estivera no seu lugar.
-E que sentiches ao marchar da Rúa Aribau?

-E, por último, que dirías que botas máis de menos de vivir na Rúa Aribau?
-Probablemente a Gloria e á avoa, pois foron moi cercanas a min durante a miña estancia alí. Aínda que non sei moi ben por que, tamén a Román, xa que dun xeito ou doutro, a verdade e que non o sabría explicar, sempre, dende que o coñecín, sentín cara el un apego especial, como se fose o meu pai.
-Moitas grazas por atendernos, Andrea. Desexámosche o mellor para o teu futuro e tamén para a túa familia!