23/11/18
14/11/18
Lois Pérez no Samaín
O pasado 9 de novembro, tivemos unha
grata visita no IES de Arzúa.
Lois Pérez presentounos o seu libro
Long Play, que casualmente comparte iniciais: L P.
Como el ben dicía, tamén pode ter o significado de Longo Paseo; pois, ao fin e ao cabo, a súa obra é un camiño no cal podemos apreciar poemas que percorren diversas temáticas.
Aquí vos deixamos un breve resumo do seu paso polo centro:
Alejandra Barco e María Rodríguez
para Biblioarzúa
10/11/18
Para
lembrar… Samaín ou Halloween?

Vivía coa inquedanza de que nun futuro non moi lexano olvidásemos de donde viñamos, de que nos esqueceramos de contar un conto ó pé do lume cos amigos ou que simplemente non lle désemos importancia o que nos precedeu.
Escribo para que descanse un chisco máis tranquilo donde queira que estea, escribo para falar do Samaín.
Afirmo que non, non é unha americanada. Xa non é a primeira vez que lle escoito a meu tío que iso do hallowen ven de outros sitios, que eso aquí nunca o houbo. O que él non sabe é que é máis vello do que él pode recordar. O Samaín non é un invento dos Estados Unidos que nós adoptamos como noso cambiándolle o nome. Non vai de pantasmas brancas sen ollos, máis ben de bruxas, sapos e curuxas… Ven dos antigos celtas que vivían no noroeste da península. Esperaban todo o ano para que chegara a noite do 31 de novembro, poder reunirse con quen botaban en falta o resto das noites e co recordo dos seres queridos comezaban un novo ano o 1 de novembro.
Como pasa habitualmente, a relixión apoderouse do día e cristianizouno pasando a chamarse O día de todos os santos. Día no que todos nos acordamos de ir poñer flores e a misa e deixando o ano novo para unha fecha máis próxima o nacemento do neno Xesús.
Asique si, o
invento é dos nosos antepasados e así deberíamos celebralo. Honrando os que
foron antes ca nós.
8/11/18
Unha de B.D. : Death Note… ¿Ten unha fama merecida?
Este manga foi escrito por Tsugumi
Ōba e ilustrado por Takeshi Obata.
Death Note tamén ten unha serie anime
baseada no manga e dirixida por Tetsurō Araki.Eu coñecín este anime grazas ao meu tío Ignacio, ao cal lle encantan este tipo de series.
Como me gustou tanto, decidín comprarme os mangas para ver se era moi diferente á serie e a verdade é que non se saltan un detalle. Death Note tivo tanto éxito en min que vin a serie unhas tres veces e estou lendo a colección por segunda vez.
É unha historia con moito suspense, intriga e asasinatos.

Tamén fai referencia á mitoloxía
xaponesa, algo que contribúe sen dúbida a que este manga aínda me
guste mais xa que toda a mitoloxía en xeral me fascina.
Aquí, concretamente, encontramos aos
Shinigamis, os deuses condutores ao limiar da morte na cultura
xaponesa, e tamén a libreta negra deles á que remite o título deste
manga.
Outros personaxes que nos podemos
encontrar Misa Amane, unha coñecida cantante
de pop;
L, o impresionante detective cuxo
nome se descoñece e que trata de resolver estes casos paranormais e
o meu favorito, o antihéroe, Kira, tamén coñecido como Light
Yagami.
Light é un personaxe moi intelixente
que quere acabar co mal na Terra matando a todos os criminais no
planeta e reducir os crimes. Para isto, usa a libreta de morte
outorgada por Ryuk, un Shinigami.
Si, Death Note ou o Cuaderno da morte,
é dentro da historia unha personaxe mais porque ao longo das
súas páxinas aparecen as instruccións para usalo e o mais
importante, o fío do destino final escrito a tinta de calqueira
personaxe do que apenas fican cuarenta segundos de vida unha vez
apareza o seu nome escrito completo .
Se vos gustan as novelas ou o cine
negro, o suspenso, o misterio e a intriga este saga seguramente sería
do voso agrado.Helena Gómez para Biblioarzúa
https://www.eldiario.es/cultura/arte/civilizacion-Maya-Segunda-Guerra-Mundial_0_838166660.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)