BiblioArzúa
Centro creativo de aprendizaxe do IES de Arzúa
22/10/25
ATA SEMPRE JANE GOODALL
O día 1 de outubro despedimos a unha das máis grandes naturalistas dos séculos vinte e vinteún. Con pesar polo seu pasamento pero inmensamente agradecidas polo seu legado, compartimos esta reseña feita dende o módulo de educación ambiental do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural. Tamén imos retomar os "Arzuecos" e facer unha nova recollida de móbiles para apadriñar un chimpancé.
Animádevos a depositar os vosos móbiles nas caixas na entrada principal
5/10/25
OS RECREOS DA BIBLIO PARA ESTE 1º TRIMESTRE
Os recreos na biblio están cheos de acitividades! Escolle a que máis che guste e ven desfrutar con nós!
30/9/25
ANÍMATE A DESEÑAR UN NOVO LOGO
Ola a todos, pensamos que chegou a hora de cambiar o noso logotipo por un máis moderniño.
Deixade voar a vosa imaxinacióne animádevos a participar no concurso
Vamos rapazada!!!! a polo premio!!!
1/6/25
29/5/25
BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA CENTRO DE MAIORES
O 22 de maio o alumnado de 1º CS agraria de TEA visitou o Centro de Maiores de Arzúa onde recitaron uns poemas...
28/5/25
BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA CEIP
O alumnado de 1º CS agraria ahegouse ó CEIP àra contar á cativada de 3º e 4º de primaria catro contos clásicos readaptados ós tempos de hoxe.
14/5/25
12/5/25
BOOKCROSSING
Como ven sendo habitual en Biblioarzúa, o 8 de maio, día de feira, saímos ás casetas de bookcrossing depositar os libros para a primavera que preparou e etiquetou o voluntariado de 1º ESO.
Acompañáronnos dúas profesoras de Oslo que estaban facendo un jobshadowing dentro do programa Erasmus +. Ensinámoslles a feira, o queixo de Arzúa e os churros.
Disfrutaron moito desta actividade e pensan facela en Oslo á volta. Marabilla!!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






