Pero se non sei quen é Jaume Plensa¡ Non me volvo cuestionar sobre as inquietudes artísticas no século XXI. Premio Nacional das Artes Plásticas 2012, Premio Nacional de Arte Gráfica 2013 e acaba de recibir hoxe mesmo o Premio Velázquez 2013. Para expiar o meu descoñecemento dos nosos artistas internacionais, coa mellor vontade, deixo aquí unha mostra da obra deste escultor. Trátase dunha enorme escultura -de nome Awilda- realizada en merengue e colocada nunha famosísima praia de Brasil.
26/11/13
25/11/13
Majid Majidi: "O Canto dos Pardais"

22/11/13
Un corto de Chus Gutiérrez
Non llega a dous minutos a duración de "Sin pensarlo dos veces", un corto do ano 2009 que presenta a dous adolescentes namorados?. Non. En ningún diccionario do mundo -nin cando se tratase dun diccionario enciclopédico- chamarían así á relación malsán de posesión e sometimento que hai entre eles. Acabamos de proxectalo nas aulas do primeiro ciclo de ESO. Os protagonistas son unha moza e un mozo como tantos que hai neste instituto; dalgún xeito, os rapaces do centro débense ver reflectidos neles. Supoño que é a maneira de que lles impresionara tanto. O Día contra a Violencia de Xénero está moi preto e imos velo con prespectivas diversas.
14/11/13
Aniversario de A la recherche du temps perdu
Hoxe, 14 de novembro, cúmplense cen anos da publicación do primeiro tomo desta magna obra. Despóis de que o manuscrito fora rechazado pola editorial Gallimard (Proust nunca llo había perdoar a Jean Schlumberger e a André Gide), o autor pagou do seu peto a publicación de Du côté de chez Swann. Se hoxe chegara Proust a presentarlle a súa obra a calquera editorial, ¿habíana aceptar? Non estou moi segura. A verdade é que paréceme que non. Nihil sub sole...
11/11/13
Ler ciencia na escola

8/11/13
El juego de Ender

Suscribirse a:
Entradas (Atom)