31/5/26
EXPOSICIÓN DE CAIXAS SORPRESA PARA ACHEGARNOS Á LITERATURA
O alumnado de 1º da ESO achéganos á literatura galega de forma creativa deseñando caixas sorpresa sobre os libros de lectura. Dentro contiñan obxectos relacionados coa súa trama. Todas elas moi chulas, diferentes, atractivas para os ollos máis curiosos.
Sodes quen de imaxinar a historia que se agocha detrás?
Axúdamos a resolver o enigma indicando os nomes dos libros que representan: Corazón de chocolate, de Jaureguizar; Formigas. Misión Entroido, de Pere Tobaruela; As músicas viaxeiras, de Ramón Caride; Os Megatoxos, Os Megatoxos e os templarios da luz, Os Megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña. O segredo do pan, de Pepe Cáccamo.
PROXECTO "O PRACER DA LECTURA: RUTA DE SENDEIRISMO LITERARIO"
Este curso arrincamos co proxecto "O PRACER DA LECTURA: RUTA DE SENDEIRISMO LITERARIO". Na contorna actual no que o hábito lector se enfronta a múltiples desafíos por culpa das novas tecnoloxías e a inmediatez dixital, este proxecto busca reconciliar aos estudantes de ESO e Bacharelato co pracer da lectura e o interés pola biblioteca escolar. Trátase dun percorrido por todo o centro escolar, incluídos os exteriores con grandes extensións de xardinería, sinalizado como unha ruta de sendeirismo, onde cada parada ou "estación literaria" presenta unha proposta relacionada con libros ou autores e árbores, plantas o arbustos que o alumnado vai ir encontrando.
O centro escolar transfórmase así nunha ruta de sendeirismo literario que convida a camiñar, descubrir, ler, e compartir. O proxecto ten un carácter transversal: involucra a arte, a literatura, a creatividade, a expresión oral e escrita, así como o traballo cooperativo. Ademais, converte o espazo físico do instituto nun mapa literario e botánico vivo, co obxectivo final de conducir ao alumnado a redescubrir a biblioteca como un lugar atractivo e cheo de posibilidades.
Seguiremos informando!!!
29/5/26
POESÍA E BOTÁNICA
Traballo de alfabetización iformacional "Rosalía xa o fixo: agora tócache a ti.”
A proposta baseada en "O herbario de Rosalía" serviu para introducir contidos relacionados coa botánica e coa literatura. Aínda que o traballo de campo e a exposición previstos non puideron desenvolverse por falta de tempo, queda como unha liña de traballo de interese para cursos vindeiros.
O alumnado de Técnicas de Educación Ambiental de 1º CS Xestión Forestal Natural ordinario e de dual realizaron dúas actividades vencelladas á poesía de Rosalía de Castro, baseándose no libro o Herbario de Rosalía. En primeiro lugar, aprenderon a gravar e editar un podcast con audacity a partir de recitados de poemas desta autora que aparecen no libro. Na segunda actividade, elaboraron unha ficha a partir do poema escollido no que incorporaron imaxes sobre a planta que aparece no poema e incorporaron información sobre os posibles aproveitamentos ou interese ambiental da especie, así como o seu nome científico. O resultado das fichas do traballo podedes visualizalos aquí.
https://docs.google.com/presentation/d/1bjU2rlT-ybHz8rlfVb7T4wn47avP0Q3GItX4wQ-XzaU/edit?usp=sharing
6/5/26
DÍA DO LIBRO...CIRCULANDO LIBROS
Deixamos aquí unhas fotos de como conmemoramos o día do libro este ano. Sacamos libros descatalogados para que quen quixese os levase de balde e tiveron moita aceptación entre alumnado, profesorado e resto da comunidade educativa. equipo de voluntariado "os supermegas" tamén quixeron decorar o vantanal da biblio para estes días. Quedou ben chuilo!!! graciñas
4/5/26
DÍA DO LIBRO
Con motivo do Día do Libro, a biblioteca escolar en colaboraciópn co EDLG organizou a actividade "Adiviña que profesor é", unha proposta lúdica na que o alumnado tivo que identificar ao profesorado a partir de fotografías da súa infancia acompañadas da portada dun libro de pequenos . A actividade espertou unha grande curiosidade e contou cunha elevada participación, favorecendo a convivencia, o achegamento entre alumnado e profesorado e a dinamización da biblioteca como espazo de encontro e promoción da lectura.
14/4/26
7/4/26
Muller na ciencia 11F
O pasado 11 de Febreiro foi a conmemoración do día internacional da Muller e da Nena na Ciencia, para visibilizar o traballo das mulleres nas áreas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxenería e Matemáticas) e proporcionar referentes femininos para a infancia que poidan contribuir a elección destas áreas como carreiras profesionais. (Máis Info en: https://11defebrero.org/ )
No IES de Arzúa, o Equipo de Biblioteca preparou un Kahoot de mulleres científicas: https://create.kahoot.it/share/mulleres-cientificas/79fcbdcc-a63a-457e-a171-fc367b8c0e46
Tamén como sorpresa, aproveitando a chegada do entroido, Sara e Uxía, alumnas de 1 da ESO e voluntarias da Biblioteca, caracterizáronse de Ángela Ruíz Robles e Marie Curie. Acompañadas por Cristina Santana e Silvia Calvo visitaron varias aulas da ESO e BAC para contarlles aos compañeiros e compañeiras os principais logros destas mulleres e así dar visibilidade a este día.
Sara e Uxía, de 1 da ESO, voluntarias da biblioteca caracterizadas como Ángela Ruíz Robles e Marie curie
A continuación resumimos un pouco das historias que elas nos contaron.
Marie Curie foi a primeira muller en recibir un premio nobel (premio nobel de química polo descubrimento do radio e o polonio) e a primeira persoa en recibir dous (compartiu o premio nobel de física co seu marido Pierre Curie e Henry Becquerel polas súas investigacións sobre a radioactividade).
Naceu en Varsovia (Polonia) en 1867 e como naquel tempo no seu país as mulleres non podían cursar estudos superiores, foise a Francia onde vivía a súa irmá e matriculouse na universidade da Sorbona en Paris. Tivo que traballar para subsistir pero a pesar diso titulouse en matemáticas e física coas mellores calificacións.
A aplicación dos seus descubrimentos permitiu o desenvolvemento dos raios X que empréganse en medicina como parte do radiodiagnóstico para explorar o corpo humano e identificar lesións e enfermidades e incluso o seguemento de intervencións quirúrxicas. Tamén desenvolveuse a radioterapia para destruir células e tecidos tumorais aplicando radiación. Outros usos aplicados dos seus descubrimentos son detectores de seguridade, de fumes, detectores de fugas nas conduccións etcétera.
Ángela Ruiz Robles
Foi unha mestra e inventora nacida en León en 1895, que pasou parte da súa vida en Galicia onde desenvolveu o seu prototipo de enciclopedia mecánica en 1949 que pode ser considerado o precursor do libro electrónico.
Ángela dicía que esta enciclopedia permitiría alixeirar o peso das mochilas do alumnado, facer máis atractiva a aprendizaxe e que permitía adaptarse aos distintos niveis de coñecemento e a alumnado con problemas de visión. Incorporaba sonidos e permitía aprender varias linguas. Facilitaba a aprendizaxe na escuridade incorporando luz. Todo esto agora nos resulta moi familiar pois temos diferentes dispositivos electrónicos como ebooks tablets, ordenadores portátiles… pero cando ela desenvolveu o seu proxecto non existían!
O prototipo do seu invento desenvolveuse en Ferrol. En todo momento quixo manter a súa patente en España desbotando ofertas do extranxeiro, e a pesar dos seus esforzos finalmente non conseguiu que se chegase a comercializar.
Fontes bibliográficas consultadas: https://mujeresconciencia.com/
RECREO CO CREPES: CHANDELEUR 2026
RECREO CON CREPES
O venres 27 de febreiro o alumnado de francés e voluntariado da biblioteca celebraron a actividade: “Recreo con crepes”, que combinou aprendizaxe, cultura e gastronomía nun ambiente lúdico e participativo.
Durante o segundo recreo, o alumnado participou na elaboración de crepes que despois puideron degustar...! A actividade estivo vinculada á tradición da “Chandeleur” (A Candeloria) e para contextualizala o alumnado de francés estivo traballando ao longo de todo mes de febreiro na confección dun mural onde fixeron unha investigación e exposición de aspectos relacionado coa súa orixe, simboloxía, os costumes, a tradición e a receita das crepes. Durante esta actividade os participantes escoitaron e visualizaron a canción “À la Chandeleur, on fait des crêpes” (Na Candeloria, facemos crepes).
Para rematar, fíxose entrega de dous premios relacionados co Concurso de receitas de crepes en francés. O primeiro premio foi para dúas alumnas de 3º Eso A: Andrea e María e o segundo premio entregouse a tres alumnos de 2º Eso B: Mariña, Paula e Uxía.
Foi un recreo gastronómico especial e moi doce...!!!
a radio no IES de Arzúa: podcast cuba
A VIDA EN CUBA E OUTROS MISTERIOS. 2º ESO
Escpitade este podcast " a vida en Cuba
"
A vida en Cuba. 7: 19 min. *en castelán (porque están exentas de galego e para que mostrasen a súa gran competencia en expresión oral)
O podcast sobre a vida en Cuba foi feito por catro alumnas procedentes dese país. O formato é o de chatting, no que conversan de maneira natural e espontánea sobre diferentes lembranzas e opinión das súas experiencias de vida en Cuba.
A escoita do podcast por parte do resto da clase, serviu para profundizar na integración e comprensión da riqueza que supón a multiculturalidade.
26/3/26
OS PROFES TAMÉN ESTUDAN
Cantas hora sadicadas a formación están deixando pegada a biblio!!!! E seguimos: PFPP Biblioteca, Xornadas PLAMBE, Curso PLEA, Radido escolar, Xornadas Bibliotecas...
Todo por vos, amiguiños e amiguiñas. Un pracer
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















