12/2/23

Traballamos arreo

Aquí vos deixamos unha mostra do involucrado que está o voluntariado da biblio. Mercamos un moble para organizar os nosos LEGO e enseguida se poxeron máns á obra. Bravísimo!!!

9/2/23

10 DE DECEMBRO DIA DOS DEREITOS HUMANOS

Andamos moi xustiños de tempo, pero ainda así non quixemos esquecer esta data. Os DEREITOS HUMANOS aplícanse por igual a todos os pobos e nacións como dereitos inalienables. Trballamos este ano o artigo 25: "Toda persona tiene derecho a un nivel de vida adecuado que le asegure, así como a su familia, la salud y el bienestar, y en especial la alimentación, el vestido, la vivienda, la asistencia médica y los servicios sociales necesarios...". Quixemos así aproveitar para difundir as sinerxias dos dereitos humonos cos ODS, es especil ODS 1: fin da pobreza e ODS": fame cero.

3 DE DECEMBRO DIA DA DISCAPACIDADE

Aproveitando a lema "baixo o mesmo paraugas" o voluntariado da biblio quixo rendir homenaxe ás persoas con dispapacidade. Este ano, con un recordo especial para as vítimas de discapacidades a causa da pandemia da COVID-19
Como non podía ser de outro xeito, aproveitamos paraugas vellos que trouxo o alumnado. ODS 12: CONSUMO RESPONSABLE SEMPRE PRESENTE. Bo traballo, voluntarias!!!

7/2/23

25 N en biblioarzúa

Mirade que debuxos tabn lindos fixo o alumnado de 1º ESO capitaneado pola profe e membro do equipo de biblioteca Cristina Blanco. Fainos moita ilusión que traballedes así de implicados coa biblio. Moitísimas grazas. Locerán todo o curso con nos para dicir NON Á VIOLENCIA todos os días do ano.

11/12/22

"tan lonxe, tan preto" PROXECTO INTERCULTURAL

Sabedes de cantas nacionalidades distintas podemos presumir das que temos alumnos no IES? nin máis nin menos que.....as que atopes nesta presentación!!!!! Así tamén te enteras de que vai este proxecto!! Adiantámosvos que arrincamos con MÉXICOOOO!!!!

NADAL SOSTIBLE

achégate pola biblio os nartes e xoves no recreo e participa nos OBRADOIROS DE RECICLAXE que vo stemos preparados

eco, eco, eco....RETO 1 SUPERADO

Qué contentiños andamos por Biblioarzúa!!!!! o reto que completamos ENTRE TODOS no IES acadou unha puntuación de 39 PUNTAZOS.... e estamos clasificados como 2ºs na provincia da Coruña. 280,55 KG DE CO2 evitados e 1, 44 litros de auga aforrados anímannos a continuar. Bravo rapaces!!!

10/12/22

recomendacións lectoras para nadal

Ola "Biblioarzuanos", aquí tedes as recomendacóns lectoras para este nadal. Pasade a recoller o voso exemplar

8/12/22

IMOS DE COMPRAS....RESPONSABLEMENTE

Porqué mercar libros para casa se os podo pedir prestados da BIBLIO? Merca con sentidiño e axúdanos a mercar a nos. Se nos dis o que queres ler, BilioArzúa mércao para ti e para todos, dando así unha máis longa vida ós produtos adquiridos. Anímate a pedir!!! É moi sinxelo. Pasa pola biblio ou cubride o exemplar que tedes nas clases. Cubrídeo entre varios e entregádeo na biblio a algún profe ou a algún voluntario ou voluntaria.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO CONCURSO DE POSTÁIS DE NADAL

Achégase o nadal e en BiblioArzúa queremos celebralo máis ca nunca. Convocamos un ano máis o xa tradicional CONCURSO DE POSTÁIS DE NADAL. Seguide as instrucións e entregade a vosa postal na biblio antes do 20 de decembro. Haberá premios para as categorías de: - mellor postal dixital - mellor postal en papel