11/11/13

Ler ciencia na escola

Imos comenzar o antes posible. Xa temos dous autores escollidos: Jean Echenoz e Oliver Sacks. Os dous autores están na nosa biblioteca en formato electrónico e queremos ler algo deles cos nosos alumnos máis novos. De Jean Echenoz leremos "Lóstregos", que trata sobre o famoso Nikola Tesla, inventor, mecánico, enxeñeiro electricista e físico de orixe serbia. É coñecido, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo. Tamén contribuíu en diferente medida ao desenvolvemento da robótica, o control remoto, o radar, as ciencias da computación, a balística, a física nuclear e a física teórica. O que máis chama a atención nel é que debeu ser unha alma grande, ao lado de xentes mezquiñas como Thomas Alva Edison. Do segundo autor -Oliver Sacks- queremos ler "O Tío Tunsteno", relato autobiográfico no que conta a súa accidentada infancia (os experimentos de química teñen os seus riscos).

8/11/13

El juego de Ender

Casi treinta años ha tardado Hollywood en aceptar el reto que supone llevar a la pantalla "El juego de Ender", el clásico de ciencia ficción escrito por Orson Scott Card. Y resuelve ahora el envite con una efectista superproducción protagonizada por Harrison Ford, Ben Kinsley y un muchacho llamado Asa Butterfield. Gavin Hood dirige esta película de más de cien millones de dólares para trasladarnos a un futuro en el que la humanidad se enfrenta a su aniquilación a manos de los "insectores", una especie extraterrestre más avanzada. En nuestra biblioteca contamos con las obras completas de Orson Scott Card en formato electrónico. Lo que he leído en el libro no concuerda grandemente con lo que he leído sobre la película, pero habrá que verla sin prejuicios y después juzgar.

15/6/13

Novos tempos, novos formatos

A nosa biblioteca ven de adquirir lectores electrónicos para que os usuarios teñan novas formas de achegarse á lectura. Cos dispositivos de lectura estarán a disposición de todos dezaoito mil trescentos títulos en formato electrónico, entre libros de consulta e de literatura. É un número considerable de títulos, máis dos que na actualidade contén toda a biblioteca, incluíndo libros en formato papel e materiais audiovisuais. Levará algún tempo catalogalos adecuadamente para que se incorporen ao Proxecto Meiga, como ocorre con todo tipo de fondos que entran nas bibliotecas escolares. Polo de agora só se poderán consultar os títulos na listaxe que figura na páxina de Novidades da nosa biblioteca.

10/5/13

Um filme falado

Unha  profesora de historia en viaxe de cruceiro polo Mediterráneo segue a trama da civilización, vista como utopía do mundo actual. A linguaxe criadora de civilización, a contradición  de ser portugués – o mais universalista dos europeos, o único que non fala a propia lingua fora do seu país – ilustran a realidade da  Unión Europea. A proxección deste filme do director portugués Manoel de Oliveira vainos servir ao longo do 3º trimestre para ilustrar o tema de Europa.  As protagonistas –nai e filla- parten de Lisboa, recorren  o Mediterráneo e detéñense en Marsella primeiro, logo en Nápoles, en Atenas, en Istambul e en Alexandría. Uns poucos poemas de autores emblemáticos de cada un destes lugares -Portugal, Francia, Italia, Grecia- dan unha pequena idea da riqueza que teñen as literaturas destes países. E da sonoridade das conversas no filme. Hai que escoitalo en versión orixinal.

9/5/13

Exposición sobre o Día de Europa

O mes de maio volvémonos moi cosmopolitas. Dedícámolo á conmemoración do día no que comenzou o proceso unificador -e, ao mesmo tempo, pacificador- de Europa. Desde o ano 1950 está en marcha tan loable propósito e, para celebralo, fixemos unha pequena exposición polos corredores do centro explicando a efeméride, unha exposición "interactiva": os alumnos tiñan que contribuir poñendo orden nos mapas (unha cuestión de cinchetas). Ademais, vimos Um filme falado, do director portugués Manoel de Oliveira, en versión orixinal, lemos textos de varios autores europeos e mesmo aprendemos a cantar un pouquiño en idiomas.

26/4/13

El Don apacible

Se ha comentado más de una vez que no hay mejor manual de historia para comprender la Guerra Civil entre los rusos blancos, restos del imperio zarista que soñaban con una restauración del trono, y el Ejercito Rojo que comandaba León Trotski, que este libro.  Mijaíl Shólojov fue miembro importante del Partido Comunista. No obstante, el relato del premio Nobel no presenta un fuerte sesgo, sino más bien una crudeza extrema en sus descripciones de los combates y de las relaciones entre los personajes del libro. O de los libros, ya que fue publicado originalmente en cuatro tomos a lo largo de doce años. La versión que tenemos en nuestra biblioteca es en dos tomos y ocupa unas 1600 páginas. El Don apacible no es solamente un gigantesco mural descriptivo de los acontecimientos que sacudieron la estepa rusa entre los años catorce y veinte del siglo pasado, sino también una estudiada combinación de elementos formales y estéticos, que, en conjunto, componen una auténtica epopeya del héroe moderno, agitado por las dudas y las pasiones. Epopeya y alegato contra el absurdo de la guerra. Es también la exaltación de un topos muy concreto: las tierras del Don, el río convertido en impasible testigo de las leves vidas de los hombres que da cohesión a la obra. En más de una ocasión ha sido comparada con Guerra y Paz. La universalidad de la obra no viene dada, desde luego, por el marco de la acción: es el espíritu de rebeldía y el intento de dar sentido a las acciones humanas lo que otorga al protagonista -Grígori Mélejov- un puesto junto a Alonso Quijano en el Panteón literario. Del espíritu de Grígori muy bien podrían haber nacido estas palabras: "La libertad, Sancho, es uno de los más preciosos dones que a los hombres dieron los cielos; con ella no pueden igualarse los tesoros que encierra la tierra ni el mar encubre; por la libertad así como por la honra se puede y debe aventurar la vida".

24/4/13

José Manuel Caballero Bonald

"Si es cierto, como opinaba Aristóteles, que la historia cuenta lo que sucedió y la poesía lo que debía suceder, habrá que aceptar que la poesía puede efectivamente corregir las erratas de la historia y que esa credulidad nos inmuniza contra la decepción", ha señalado el Premio Cervantes 2012. Tiene 86 años. Es poeta en la era de la informática, cita a Aristóteles en la aldea en la que internet ha convertido al mundo.
La biografía literaria del escritor depende tanto de los libros que ha escrito como de los que ha leído, según indica: "Todos ellos constituyen como una especie de espejo múltiple donde me veo frecuentemente reflejado, y en todos ellos se alojan no pocos de mis descubrimientos de la vida precisamente porque también en esos libros descubrí otras vidas, experimenté la sensación de que algo había allí que me ofrecía la posibilidad de compartir un mundo ignorado y excitante". Sus palabras restituyen las bibliotecas al podium del honor. También las modestas bibliotecas de escuela en las que trabajamos.

Hayao Miyazaki


 

Hayao Miyazaki é o autor de El viaje de Chihiro e un dos  grandes directores que ten dado ao mundo  o cine xaponés, un creador á  altura  doutros ilustres realizadores daquel país como Akira Kurosawa, Yasujiro Ozu ou, máis recentemente, Hirokazu Kore-eda. A diferenza  é que, mentres eles tres elaboran as súas  historias con personaxes  de carne e oso, Miyazaki debúxaos y  anímaos;  dálles color y envólveos  nun mundo cheo de alegorías e fantasía. Froito da súa desbordante imaxinación naceu  El viaje de Chihiro, que conseguiu o Oso de Oro no Festival de Cine de Berlín  do 2002 e o Óscar á mellor  película de animación un ano despois. Unha obra mestra no só do anime, senón do  sétimo arte en xeral.Con solo 22 años, en 1963 empezou a traballar en Toei Animation, naquela época o estudio más importante da animación xaponesa, o anime. Alí fixo de animador, guionista, realizador e produtor. Pero aspiraba a outro cine: a historias máis persoais e sutís que foran capaces de divertir tanto a pais como a fillos. En 1985 fundou, xunto ao seu amigo Isao Takahata, os estudios Ghibli. Durante todo este tempo, Miyazaki  mantivo nas súas longametraxes o estilo visual que asimilou na factoría Toei, do que naceron series tan coñecidas coma  HeidiMarco, pero foi innovando sempre no apartado narrativo. As súas películas falan de pacifismo e ecoloxía, teñen lirismo e encanto, están inundadas dun intenso color y case sempre están protagonizadas por nenos e nenas.Fronte ao uso de técnicas dixitais que agora empregan  case todos os estudios de animación do mundo, Ghibli segue a  traballar de xeito tradicional, debuxando sobre o papel a maior parte das películas, un sistema laborioso e moi caro que permite alumar verdadeiras obras de arte.

18/4/13

Vittorio Giardino

Vacacións fatais é o título dunha serie de contos gráficos publicados polo autor boloñés Vittorio Giardino. Vittorio Giardino, un dos grandes autores de novela gráfica europeo, ofrécenos un volume de historias curtas nas que o fío condutor son as vacacións dos seus protagonistas. Coa ironía e a sutileza gráfica que o caracterizan, Giardino narra catro viaxes de soño entre medos, rebelións y remordementos."As vacacións son una época do ano na que desexamos que os soños se fagan realidade, pero, ás veces, os nosos propios soños poden sorprendernos e deixar ao descuberto o verdadeiro xogo das aparencias, os disimulos e as mentiras”

11/4/13

Lembrando a Constantino Cavafis

Este é un ano de conmemoracións literarias. A conmovedora figura do poeta alexandrino é recordada neste ano no que se cumpren 150 anos do seu nacemento e 80 da súa morte. Poeta grego nacido en Alexandría (Exipto), onde viviu a maior parte da súa vida, foi unha figura fundamental da literatura grega do século XX. Era tan crítico coa súa persoa que publicou moi pouco en vida. Polémico e iconoclasta, rexeitaba os valores tradicionais do cristianismo, a ética heterosexual,o nacionalismo e o patriotismo.  Os versos de Constantino Cavafis, solemnes e tráxicos,mesturan a historia da Grecia antiga, o helenismo e a época bizantina con asuntos contemporáneos, como ocorre en dous dos seus poemas máis coñecidos, 'El dios abandona a Antonio' e 'Itaca', escritos en 1911. A obra de Cavafis empezou a coñecerse fora de Grecia a través de autores británicos de grande sona, primeiro,  E. M. Forster (1923); despois, coa publicación de "El Cuarteto de Alejandría", de Lawrence Durrell (1957-1960). A súa influencia foi importante non só nos mozos gregos, senón tamén en escritores estranxeiros. A súa obra foi publicada en toda Europa. Pódense ler algúns poemas aquí:Constantino Petrou Cavafis.