28/11/12
Exposición sobre a violencia de xénero
28/5/12
Nómades
Temos na nosa biblioteca un libro impresionante, sinxelo e fondo a un tempo. O ilustrador Xosé Tomás retrata a emigración feminina en Nómades, novela gráfica articulada sobre breves pero reveladores episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e condicións. Polas súas páxinas pasan mulleres que atravesan o océano en caiuco, que se prostitúen para enviar o diñeiro ás súas familias, que emigran na vellez por acompañar os fillos e non se adaptan, que viven ás agachadas o seu lesbianismo ou que non poden regresar ao seu país a enterrar a un ser querido pola situación laboral irregular na que se atopan. Trátase dunha historia que ten fe na superación persoal, posto que comeza cunha travesía pola morte, e remata coa redención humana. O autor documentouse a fondo para escribir e debuxar cada un dos episodios, o que nos permitirá coñecer de primeira man a vida das protagonista, rexeitar ideas preconcebidas e, sobre todo, comprender o drama de todas estas persoas.
9/5/12
Trogloditas

Para esforzarse no traballo e dar o mellor rendemento non hai acicate como o apoio, o ánimo, o recoñecemento por parte dos demais. Vímolo todos o pasado sábado no concerto de Trogloditas. Subira a banda ao escenario con poucos folgos –agás o batería, Jordi Vila, que era a alma do grupo-, pero ao cabo dun ratiño, cando foron sentindo como cantabamos no público, como os animabamos e, principalmente, o ben que o estabamos a pasar, entón tamén eles se foron entregando. O resultado foi un concerto memorable, o primeiro co que a sala Le Club da comezo á tempada. Un concerto co mellor protocolo clásico: teloneiros –a banda coruñesa Doctor Snob-, puntualidade, diálogo entre músicos e público, a sección rítmica orixinal de Trogloditas e varias cancións –das máis famosas- a maiores: o público non nos cansabamos de pedir outra canción e Lobo –o cantante- concedíanola. O noso parabén. Trogloditas
18/4/12
Exposición sobre a Constitución de 1812
O pasado 19 de marzo celebrábase o bicentenario da proclamación da nosa primeira Constitución, tal día do ano 1812, na cidade de Cádiz. Non podiamos deixar de lembralo e dedicarlle unha mínima homenaxe. A biblioteca organizou unha exposición con información sobre o contexto histórico e un breve resumen dos artigos máis importantes. Acompañaban aos textos imaxes da edición orixinal, de cadros da época e do cartel oficial publicado pola comisión organizadora do Bicentenario da Pepa.
Exposición sobre Charles Dickens
No mes de febreiro conmemorábase o Bicentenario do nacemento do gran escritor británico Charles Dickens. A Biblioteca do IES de Arzúa quixo sumarse ás abundantísimas mostras de admiración que se lle tributaron en todo o mundo. Fíxose unha pequena –en verdade moi pequena, porque non había moitos materiais- exposición de libros e películas, acompañados dunha ampla reseña sobre o autor e a súa obra.
Tamén nesta ocasión a imaxe acompañou á palabra: os alumnos de 1º e 2º de ESO asistiron á proxección dunha película baseada na famosa novela de Dickens Oliver Twist. Por certo, foi todo un éxito de crítica e público.
Tamén nesta ocasión a imaxe acompañou á palabra: os alumnos de 1º e 2º de ESO asistiron á proxección dunha película baseada na famosa novela de Dickens Oliver Twist. Por certo, foi todo un éxito de crítica e público.
Exposición de banda deseñada
No mes de xaneiro a Biblioteca do IES de Arzúa organizou unha pequena exposición sobre banda deseñada. A idea xurdiu coa adquisición dunha serie de novelas gráficas de extraordinaria calidade: Blacksad. Seguiron diversos tomos en galego e en castelán, adquiridos polos diferentes departamentos do centro, e, vista a ampla e completa –para tratarse dun centro de ensino- colección coa que xa contabamos, topámonos cunha mostra moi interesante de libros. Todo o cal, sumado ás cores brillantes e vistosas dos materiais, dou como resultado unha exposición rechamante para os alumnos, e tamén para os profesores.
A actividade completouse coa proxección de dúas películas cortas de Tintín, en sesión de tarde, para os alumnos de 1º e 2º de ESO.
A actividade completouse coa proxección de dúas películas cortas de Tintín, en sesión de tarde, para os alumnos de 1º e 2º de ESO.
Méritos y desméritos

Méritos: por ejemplo, los de pequeñas salas como Garufa, que intentan, contra todo pronóstico, mantener la afición por la música en directo, por la relación que se establece entre el artista y el público cuando se están mirando a la cara. O, por ejemplo, los de Señor Buena Suerte, que este fin de semana actuaron en el Garufa, con todas las condiciones en contra, incluso las climatológicas -y ya no digamos la celebración de San Patricio, con su orgía etilíca de cerveza irlandesa-. Señor Buena Suerte es una banda gallega que canta los temas de Dr. Feelgood. E hizo honor a sus emulados británicos. El repertorio basado en rhythm and blues fue interpretado con mucha dedicación, ya que no medios. E incluso la estética de pub rock londisense de Lee Brilleaux fue recreada con mucho acierto: el cantante lucía un traje de raya diplomática, digno de un auténtico gángster endomingado, camisa negra y corbata roja, y los más inverosímiles zapatos de puntera abotinados, mezcla de chulo y Aladino. Era un verdadero profesional, muy buen actor, capaz de crear un gran espectáculo por sí solo. Y un gran músico. Desméritos: por ejemplo, los del público, todos. El ambiente semejaba una verbena de pueblo, en los peores tiempos de la dictadura. Ellas, disfrazadas de modernas -es decir, de Inditex- bailaban entre ellas con risas forzadas y falsa camaradería, haciendo ver que “ni se fijaban” en ellos. Ellos, anulados por su propia medianía. ¡Qué grandes profesionales los músicos, que intentaron, contra viento y marea, no deprimirse incluso ellos¡.
19/3/12
UN TEXTO DE DOUSCENTOS ANOS
Estamos de aniversario: A Constitución gaditana de 1812 cumpre hoxe douscentos anos, e todos o celebramos: incluso Google!
Esa Constitución, que por ser aprobada tal día como un 19 de marzo foi denominada "A Pepa", é unha importantísima aportación ao estado democrático moderno, e moitos dos seus valores promulgados nos seus artigos segen vixentes hoxe, dous séculos despois: a democracia, a liberdade, a soberanía nacional, a separación de poderes, a independencia da xustiza e os dereitos humanos baseados na liberdade individual das persoas... e moito máis.
En todos os medios estase a recordar e celebrar este feito, e en Biblioarzúa tamén.
Escoita un pouco de cómo fixeron en 1812
Esa Constitución, que por ser aprobada tal día como un 19 de marzo foi denominada "A Pepa", é unha importantísima aportación ao estado democrático moderno, e moitos dos seus valores promulgados nos seus artigos segen vixentes hoxe, dous séculos despois: a democracia, a liberdade, a soberanía nacional, a separación de poderes, a independencia da xustiza e os dereitos humanos baseados na liberdade individual das persoas... e moito máis.En todos os medios estase a recordar e celebrar este feito, e en Biblioarzúa tamén.
Escoita un pouco de cómo fixeron en 1812
14/3/12
Bicentenario de Dickens
Fai douscentos anos, no porto inglés de Portsmouth, naceu Charles Dickens, un dos máis famosos -e popularmente coñecidos- novelistas. A súa experiencia persoal levouno a solidarizarse cos desfavorecidos nas súas obras, e a criticar á clase dominante. En 1837 publicou a súa primeira novela: Os papeis póstumos do club Pickwick. Converteuse en famoso, e moito máis coas aventuras do orfo Oliver Twist, unha dura condena ao maltrato á infancia na Inglaterra vistoriana, tema presente tamén noutras obras como David Copperfield. En Historia de dúas cidades trata temas políticos: a revolución francesa; aínda que non era un revolucionario, senón un "reformista compasivo" que pensaba que, se a xente facía o ben, a sociedade funcionaría mellor. Esta é a mensaxe de Conto de Nadal. Pese á súa crítica feroz das desigualdades sociais e da hipocrisía das institucións británicas da época, Dickens nunca perdeu popularidade e segue a reeditarse. As mensaxes das súas obras -clásicos imprescindibles- continúan sendo temas desgraciadamente actuais. "Dickens sigue diciendo la verdad" é o título dun artigo publicado recentemente no diario El País. Pódese consultar en http://elpais.com/diario/2012/02/07/opinion/1328569211_850215.html.12/3/12
Broders in Band
Son galegos, fanse chamar Brothers in Band, como homenaxe a un dos mellores temas e discos de Dire Straits (Brothers in arms), e cravan o son e a posta en escea do grupo de Mark Knopfler, un dos máis populares da década dos 80 e un dos mellores sen discusión. O venres pola noite actuaron na sala Capitol , o primeiro concerto da súa nova xira. O que comezou como unha broma entre catro amigos coruñeses, acabou por converterse nun grupo formado por 14 persoas (nove músicos e cinco técnicos) adicados a reproducir e facer versións da música dunha das grandes bandas de rock, Dire Straits. Óscar Rosende, o guitarrista e vocalista, líder da banda, e os seus compañeiros, contaxian ilusión cando soben ao escenario. O seu traballo é tamén a súa paixón: nótase, e gózase oíndoos tocar e véndoos cun sorriso mentres actúan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
