13/1/09

LAS CRÓNICAS DEL MAGO

Xa case de volta, e antes de empezar definitivamente este novo ano, propoñovos unha lectura curta, a propósito da festa dos Reis Magos.

Na idade Media, cando a peste negra asolou Europa, un home case perfecto vive e loita ao longo da súa vida por seguir as ensinanzas dos seu mestres, por levar xustiza e equidade ali por onde vai, e por amar dunha maneira honesta e sinxela.
Unha chea de aventuras nesta novela curta impregndas da ética no noso heroe. Opera prima dun amigo, José Manuel Herrera, aproveito estas datas pola coincidencia do título coa festa de mañá, coido que pode ser unha novela interesante para os nosos xóvenes lectores.
Podedes ler o primeiro capítulo neste enlace.
Como crítica (pedida por el mesmo), quizáis poida chamarnos a atención a case perfecta criatura que e o protagonista, e para as seguintes podería pulirse un pouco máis o estilo narrativo. Non obstante parabéns pola primeira incursión na literatura xuvenil e ánimo coas seguintes.
PUBLICADO POR OKI

21/12/08

PERSÉPOLIS

Antes de marchar de vacacións de Nadal e dexesarvos a todos un Feliz Aninovo, quería contarvos que pechamos o ano e o mes dedicado ás relixións dende Biblioarzúa, coa proxección da película Persépolis, de indubidable valor humano para o alumnado de Ciclo Superior do noso instituto.

Persépolis é a historia dunha rapaza en Irán dende a revolución islámica ata agora. A historia comeza cando os fundamentalistas toman o poder obrigando ás mulleres a levar veo, encarcelando a miles de persoas e instaurando un réxime de medo. Ela vai vivir ademais do terror do réxime fundamentalista islámico cousas diferentes como a emigración a Europa, o desamor, as miradas de distintas culturas e así poderá comparar co fundamentalismo relixioso do cal escapou. Esta nena é a propia autora do cómic no que está baseada a película.

É unha historia triste e conmovedora que fai que nos plantexemos unha reflexión sobre como o uso/maluso das relixións e os fundamentalismos poden desgrazar a vida das persoas, como converter ás persoas e aos países en realidades sen futuro e as veces mesmo sen esperanza. (Todo o contrario do que inicialmente parece que eran para o que xurdiron...)

En Biblioarzúa, temos a peli e o cómic de Marjane Satrapi.

19/12/08

MUSCHA

Durante o período nazi en alemania, Josef, un neno pequeno sofre humillacións e desprezos por parte dos que ata agora foron os seus compañeiros de clase e de xogos... Non sabe que é, pero hai algo no seu aspecto que é a causa de todo este cambio de actitude...

Josef quere que todo siga como antes, non sabe por que, pero os demáis o tratan tan mal que nunca volverá a ser un neno feliz.

A persecución dos diferentes... é algo do pasado? Aprendimos algo dos horrores do pasado?

Muscha de Anja Tuckermann está en biblioarzúa

17/12/08

O mundo das drogas por Tamara 2º Bach


Esta obra é un colaxe feito en papel Guarro e é figurativo.
Trátase dun laberinto feito con cortes de revista.O cor do laberinto é de cor negro mentras que o fondo é de cor vermello. Abaixo do laberinto hay unha frase escrita, cada palabra que conten está feita con letras de revistas de cor brancas.As frases non son todas do mesmo tamaño.
É unha obra coa cal quero representar o mundo en que vive unha persoa adicta a calquer tipo de droga, un mundo que si entras será moi difícil que saias o igual que un laberinto, pois estará sempre chea de obstáculos, de camiños sen saída. Quérese chamar a atención con cores como o vermello de fondo e o negro como representación dos camiños do laberinto, uns camiños oscuros. Aparece unha frase con maior tamaño para sobresaír o tema principal que é ese non as drogas.

STOP Á CONTAMINACIÓN por Irene 4º A+B

EFECTOS VISUAIS por Arantxa 4º A+B

PERXUDÍCATE por Mª Cruz 4º a+b

16/12/08

Efectos visuais por Sara 4º ESO A

O VALOR DA FORZA por Miguel Conde


Un campo de batalla na que se suman elementos que favorecen a destrucción. O chan manchado de sangue. O signo "+" esta feito con tiritas.Hai unha valla de arame de espiños. Noutra parte un fondo oscuro no que destaca unha gran negra cunha granada en forma de corazón. O título da obra chorrea sangue que acumúlase no fondo formando un mar...
A obra representa unha suma de elementos destructivos que so levan...a nada, a un mar de sangue.
A man negra representa o poder, pero o poder mal utilizado: a tiranía.A granada en forma de corazón nos fala da utilización das persoas como simples elementos para la guerra.

15/12/08

Autismo e o valor do amor dun avó

Sabes que é o autismo? Pois é certo que case non sabemos nada desta desorde do desenvolvemento do cerebro que comeza nos nenos antes dos tres anos de idade e que deteriora a súa comunicación e interacción social causando un comportamento restrinxido e repetitivo.

As persoas con trastornos de espectro autista mostran distintos tipos de síntomas: interacción social limitada, problemas coa comunicación verbal e non verbal...

As características do autismo polo xeral aparecen durante os primeiros tres anos da nenez e continúan ao longo de toda a vida. Aínda que non existe unha "cura", o coidado apropiado pode promover un desenvolvemento relativamente normal. As persoas con autismo teñen unha esperanza de vida normal.

Esta finde estivo en Santiago John LeSieur, un canadiense que inventou o Zac-Browser, un navegador pensando en Zackary, o seu neto, un neno que presenta un autismo moi severo, (nas súas propias palabras), que tras asistir ao cole puxéronlle diante dun ordenador que o único que provocaba nel era agresividade ao non poder controlalo. Desa primeira versión John LeSieur atopou que o tranquilizaba e que podía acadar o resultado que buscaba.Hoxe hai unha segunda versión en marcha que ¡¡¡¡¡¡¡alucinade!!!!!!! é gratuíta: É PARA TODO O MUNDO, e eu descubrín que non é algo exclusivo para estes nenos, senon que calquera pode ver que é válida para todos os nenos do mundo. Grazas á colaboración de Iago Seara témola en castelán, e dentro dunhas poucas semanas contaremos cunha nova e revolucionaria versión para que cada un poida diseñar os contidos máis adecuados para o seu particular emprego.

Dende aquí invítovos a coñecer un pouco a estas persoas tan descoñecidas para todos e dar as grazas a John LeSieur, Iago Seara, Inés Casal, (que ten un blog precioso cheo de tenrura), a TADEGA e Aumentativa (cunha chea de propostas para educadores/as emoita máis xente) e a Autismo Galicia, da man de Rosa Cela, cordinadora da plataforma tecnolóxica galega, por acercarnos a eles e polo traballo tan estupendo y tan incrible que estan levando a cabo dunha maneira desisnteresada e demostrando que neste mundo onde parece que o único que o move son son cartos aínda existe xente marabillosa que saben ter os pes na terra. E sobre todo dende Arzúa: parabéns John LeSieur!!!