21/12/08

PERSÉPOLIS

Antes de marchar de vacacións de Nadal e dexesarvos a todos un Feliz Aninovo, quería contarvos que pechamos o ano e o mes dedicado ás relixións dende Biblioarzúa, coa proxección da película Persépolis, de indubidable valor humano para o alumnado de Ciclo Superior do noso instituto.

Persépolis é a historia dunha rapaza en Irán dende a revolución islámica ata agora. A historia comeza cando os fundamentalistas toman o poder obrigando ás mulleres a levar veo, encarcelando a miles de persoas e instaurando un réxime de medo. Ela vai vivir ademais do terror do réxime fundamentalista islámico cousas diferentes como a emigración a Europa, o desamor, as miradas de distintas culturas e así poderá comparar co fundamentalismo relixioso do cal escapou. Esta nena é a propia autora do cómic no que está baseada a película.

É unha historia triste e conmovedora que fai que nos plantexemos unha reflexión sobre como o uso/maluso das relixións e os fundamentalismos poden desgrazar a vida das persoas, como converter ás persoas e aos países en realidades sen futuro e as veces mesmo sen esperanza. (Todo o contrario do que inicialmente parece que eran para o que xurdiron...)

En Biblioarzúa, temos a peli e o cómic de Marjane Satrapi.

19/12/08

MUSCHA

Durante o período nazi en alemania, Josef, un neno pequeno sofre humillacións e desprezos por parte dos que ata agora foron os seus compañeiros de clase e de xogos... Non sabe que é, pero hai algo no seu aspecto que é a causa de todo este cambio de actitude...

Josef quere que todo siga como antes, non sabe por que, pero os demáis o tratan tan mal que nunca volverá a ser un neno feliz.

A persecución dos diferentes... é algo do pasado? Aprendimos algo dos horrores do pasado?

Muscha de Anja Tuckermann está en biblioarzúa

17/12/08

O mundo das drogas por Tamara 2º Bach


Esta obra é un colaxe feito en papel Guarro e é figurativo.
Trátase dun laberinto feito con cortes de revista.O cor do laberinto é de cor negro mentras que o fondo é de cor vermello. Abaixo do laberinto hay unha frase escrita, cada palabra que conten está feita con letras de revistas de cor brancas.As frases non son todas do mesmo tamaño.
É unha obra coa cal quero representar o mundo en que vive unha persoa adicta a calquer tipo de droga, un mundo que si entras será moi difícil que saias o igual que un laberinto, pois estará sempre chea de obstáculos, de camiños sen saída. Quérese chamar a atención con cores como o vermello de fondo e o negro como representación dos camiños do laberinto, uns camiños oscuros. Aparece unha frase con maior tamaño para sobresaír o tema principal que é ese non as drogas.

STOP Á CONTAMINACIÓN por Irene 4º A+B

EFECTOS VISUAIS por Arantxa 4º A+B

PERXUDÍCATE por Mª Cruz 4º a+b

16/12/08

Efectos visuais por Sara 4º ESO A

O VALOR DA FORZA por Miguel Conde


Un campo de batalla na que se suman elementos que favorecen a destrucción. O chan manchado de sangue. O signo "+" esta feito con tiritas.Hai unha valla de arame de espiños. Noutra parte un fondo oscuro no que destaca unha gran negra cunha granada en forma de corazón. O título da obra chorrea sangue que acumúlase no fondo formando un mar...
A obra representa unha suma de elementos destructivos que so levan...a nada, a un mar de sangue.
A man negra representa o poder, pero o poder mal utilizado: a tiranía.A granada en forma de corazón nos fala da utilización das persoas como simples elementos para la guerra.

15/12/08

Autismo e o valor do amor dun avó

Sabes que é o autismo? Pois é certo que case non sabemos nada desta desorde do desenvolvemento do cerebro que comeza nos nenos antes dos tres anos de idade e que deteriora a súa comunicación e interacción social causando un comportamento restrinxido e repetitivo.

As persoas con trastornos de espectro autista mostran distintos tipos de síntomas: interacción social limitada, problemas coa comunicación verbal e non verbal...

As características do autismo polo xeral aparecen durante os primeiros tres anos da nenez e continúan ao longo de toda a vida. Aínda que non existe unha "cura", o coidado apropiado pode promover un desenvolvemento relativamente normal. As persoas con autismo teñen unha esperanza de vida normal.

Esta finde estivo en Santiago John LeSieur, un canadiense que inventou o Zac-Browser, un navegador pensando en Zackary, o seu neto, un neno que presenta un autismo moi severo, (nas súas propias palabras), que tras asistir ao cole puxéronlle diante dun ordenador que o único que provocaba nel era agresividade ao non poder controlalo. Desa primeira versión John LeSieur atopou que o tranquilizaba e que podía acadar o resultado que buscaba.Hoxe hai unha segunda versión en marcha que ¡¡¡¡¡¡¡alucinade!!!!!!! é gratuíta: É PARA TODO O MUNDO, e eu descubrín que non é algo exclusivo para estes nenos, senon que calquera pode ver que é válida para todos os nenos do mundo. Grazas á colaboración de Iago Seara témola en castelán, e dentro dunhas poucas semanas contaremos cunha nova e revolucionaria versión para que cada un poida diseñar os contidos máis adecuados para o seu particular emprego.

Dende aquí invítovos a coñecer un pouco a estas persoas tan descoñecidas para todos e dar as grazas a John LeSieur, Iago Seara, Inés Casal, (que ten un blog precioso cheo de tenrura), a TADEGA e Aumentativa (cunha chea de propostas para educadores/as emoita máis xente) e a Autismo Galicia, da man de Rosa Cela, cordinadora da plataforma tecnolóxica galega, por acercarnos a eles e polo traballo tan estupendo y tan incrible que estan levando a cabo dunha maneira desisnteresada e demostrando que neste mundo onde parece que o único que o move son son cartos aínda existe xente marabillosa que saben ter os pes na terra. E sobre todo dende Arzúa: parabéns John LeSieur!!!

Coida a tua vida