28/11/07

Sol polo día... e a medianoite

O Norte de Noruega: reino dos lapones, dos renos, das interninables tundras.

É o reino da luz. Durante dos meses de verán o sol non se pon nunca. É o sol de medianoite.

27/11/07

La reina oculta

Jorge Molist gañou o Premio de Novela Histórica Alfonso X el Sabio, está ben traballada e situase en tempos do medievo en medio dunha cruzada no sur de Francia.

Dentro deste contexto unha dama moza namorase dun trobador. Todo parece felicidade. Pero en poucos días ese mundo feliz vai caer desmoronado polo horror dunha cruzada que non respectará nada, tinguida de escuros intereses políticos pero de razóns relixiosas para o pobo e a tropa inculta e manexable, onde a verdadeira razón é a loita polo poder. Un tempo onde as maiores matanzas estaban xustificadas polas bulas papais que perdoaban todos os pecados... (¿non me soa algunha cousa parecida na actualidade con diferente escenario?)

Agacha unha sorpresa cara a metade do libro, que é onde cambia esta aventura e introdúcese unha visión moito máis fantasiosa e máxica. A mestura de realidade e ficción non che vai deixar indiferente.

Tamén parece que combina unha realidade do século XIII con unha forma de pensamento actual.

“El diablo está allí donde matáis a mujeres, a niños indefensos, .... , donde robáis, quemáis y torturáis. Allí habita el diablo, con vosotros....”

Páxina oficial: http://www.lareinaoculta.com/

¿Alguén coñece a LUCA?

Pois non, resulta que ninguén coñece a LUCA.

En realidade son as unhas siglas que significan Last Universal Common Antecessor, é dicir, o "último antepasado común universal"

Suponse que todos os seres vivos, incluídos todos nós, descendemos dun microorganismo que apareceu sobre a Terra hai máis de 3.500 millóns de anos. A súa descencencia, ó longo de todo este tempo, foi acumulando variacións sobre variacións para dar lugar á biodiversidade actual.

¿Curioso non?

26/11/07

Despois do 25 de novembro... non baixemos a garda e loitemos todos


O 15 de novembro, un tribunal do este de Arabia Saudí revisou as condeas impostas a unha muller de 19 anos, coñecida como "a rapaza de Al Qatif", e ó seu compañeiro tras impugnar ela e o seu abogado a sentencia. Ambos foran declarados culpables en 2006 dun delito tipificado na lei islámica coñecido como Khilwa: estar a soas e en privado cunha pesoa do sexo oposto que non é familiar directo. A condea orixinal de 90 latigazos foi aumentada a 200 e a 6 meses de prisión. En 2006, pouco despois de reunirse a muller e o home, unha banda de sete individuos os secuestrou. O home foi agredido pola banda e posteriormente posto en liberdade. A muller, en cambio, foi violada polos compoñentes desa banda, que foron declarados culpables de secuestro e violación en novembro de 2006 (en principio foron condeados entre 1 e 5 anos de prisión e a recibir de 80 a 1000 latigazos, esta pena foi recientemente aumentada entre 2 e 9 anos.

Esta condea da muller despois de ser violada causou conmoción e un enfado enorme entre os activistas dos dereitos humanos, así como entre a poboación en xeral de Arabia Saudí e deu lugar no país a un gran debate sobre as incoherencias do sistema xudicial e sobre o feito de que non reflexe a gravidade dos delitos cometidos contra a muller.

A pena de flaxelación é obrigatoria en Arabia Saudí, por diversos delitos, incluídos os de natureza sexual, e, a discreción dos xuícesl pode imporse tamén ademais doutras penas ou en lugar delas. Poden aplicarse dende decenas ata miles de latigazos, normalmente por tandas, en intervalos de entre dúas semanas e un mes.


24/11/07

25 novembro. ¿Ata cando?

25 de novembro: data tope.
Levamos días cunha conta atrás que moitos non soubestes adiviñar. Quizais porque todos e todas vós sabedes que unha data non significa o remate dunha peste, dunha lacra social. Que por riba dos nosos desexos está a crua realidade.
25 de novembro.
Sabemos a historia deste día, sabemos que a muller é máis vulnerábel nas guerras, nos odios, nos enfrontamentos, na violencia.
Sabemos tamén, como educadores que somos, de que o uso gratuíto da violencia como xeito de reafirmación persoal sobre outro é a manifestación máis lamentábel da ignorancia. Só aquel inseguro e con necesidade de amosar a súa posición agride sen motivo.
De aí a importancia da educación, de formar aos mozos e ás mozas, ao noso alumnado por tanto, para combater de raíz as claves da existencia da violencia. Só dende a formación, dende a educación, seremos quen de combater contra ela.
25 de novembro.
Dicimos NON á violencia contra a muller. Dicimos NON a calquera tipo de violencia.
En todos os países medran as denuncias de vítimas de violencia de xénero, nalgúns casos un 400% máis que hai dez anos. Mentres a policía detén maltratadores e os xuíces ditan ordes de afastamento, a mutilación xenital, un tipo de violencia contra a muller, xera novos hábitos nos hospitais.
Algúns grupos de mulleres son particularmente vulnerables á violencia: as mulleres pertencentes a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as inmigrantes, as mulleres que habitan en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidades, as anciás e as mulleres en situacións de conflito armado.
25 de novembro
Porque todo tipo de discriminación é violencia, non o esquezamos. O maltrato pode ser psíquico, físico, pero é maltrato. As vexacións, os acosos, as desigualdades, son maltrato. E porque pretendemos e queremos un mundo de iguais, estamos hoxe aquí, unha soa voz, un único berro en contra da Violencia contra as mulleres.

OS DOCENTES E AS BIBLIOTECAS ESCOLARES QUEREN EDUCAR NA IGUALDADE, E ESTÁN CONTRA TODO TIPO DE VIOLENCIA.

EDUCAR, EDUCAR E EDUCAR, só podemos cambiar o mundo con educación e respecto.

Aquí tiña que ir un video noutro formato que se preparou conxuntamente para todos os blogs de bibliotecas de secundaria, pero non fun capaz de cargalo. AÍNDA ASÍ sempre hai solución e neste caso ANTONIO "o mago" apareceu para votarme unha man. GRAZAS.

22/11/07

ILUSIÓNS ÓPTICAS QUE ENGANAN OS SENTIDOS

Como o prometido é débeda, aquí estou para dar a resposta do noso post de días atrás. ¿Atopástedes ás 9 persoas da foto? ¿si? ¿non?. En calquera caso aquí tendes a resposta

1) Cara de frente no ceo. 2) Cara de perfil no ceo 3) Cara de perfil no ceo 4) Cara de perfil no ceo. 5) Cara de perfil no ceo. 6) Señora de falda longa.7) Neno en brazos desa señora. 8) Anciano con sombreiro e barba branca 9) Cara grande de perfil formada polo arco, a señora, o anciano... e o can, que é a súa man apoiada no peito.

21/11/07

E TAMÉN PODEMOS LER UN CÓMIC


LA BALADA DE LAS LANDAS PERDIDAS

de Dufaux e Rosinski Norma Editorial

Este cómic está editado contendo 4 albumes , dando como resultado un integral bastante grande e tamén, para ser un cómic, con un certo glamour aínda que resulta un pouco pesado de manexar. Non obstante é unha boa e bonita edición.
O tomo ven cuns extras finais non demasiado interesantes pero engaden algo de información sobre a historia na que se basea este cómic.
É unha típica historia fantástica de corte clásico, pero ten a orixinalidade de que todo se desenvolve a través de intrigas na corte; as batallas quedan un pouco en segundo plano, e o protagonismo é levado pola maxia e a loita clásica entre o Ben e o Mal.
Hai quen pensa que pode estar inspirado na “Irlanda medieval e nas lendas de meigas”. "Dis que un día renacerá o que morreu nestas terras... E entón oirase un canto... E aquel que o escoita erguerase en armas contra o usurpador... Aquel...ou aquela.". Case todo se resolve con pouca violencia. Ademais a protagonista do cómic é muller, aínda que non ten o típico carácter de heroína xa que ás veces é unha vítima máis do Mal.
Creo que ten unha continuación que non puiden atopar chamado Moriganes, aínda que non sei como estará.

20/11/07

DIA MUNDIAL DE LA INFANCIA

O 20 de novembro de 1989 fíxose a Convención sobre os dereitos dos nenos, que podedes ler neste enlace: http://www.ohchr.org/spanish/law/crc.htm

Esta convención é o primerio instrumento internacional xuridicamente vinculante que incorpora toda a gama de dereitos humanos. A convención establece os dereitos dos nenos e nenas en 54 artíuclos e 2 protocolos facultativos e define os dereitos humanos básicos que disfrutan nenos e nenas de todas partes: dereito á supervivencia, ó desenrolo pleno, á proteción contra influencias perigosas, os malos tratos e a explotación, á plena participación na vida familiar, cultural e social.

Os catro principios fundamentais da Convención son a non discriminación; a dedicación ó interese superior do neno; o dereito á vida, á supervicencia e desenrolo; e o respecto polos puntos de vista do neno. A convención protexe os dereitos da nenez ó estipular pautas en materia de atención da saúde, educación e prestación de servicios xurídicos, civis e sociais.

Ó aceptar estas obrigas (mediante ratificación ou adhesión) os gobernos nacionais comprométense a protexer e aseguar os dereitos da infancia e aceptan que se lles considere responsables deste compromiso ante a comunidade internacional. TODOS OS ESTADOS MENOS DOUS FIRMARON ESTA CONVENCIÓN.... PERO ¿CÚMPRESE?, ¿IMPÓRTALLES A ESES ESTADOS QUE SE LLES CONSIDERE RESPONSABLES DE QUE NON SE CUMPRAN? ¿IMPÓRTALLE O CHAMADO PRIMEIRO MUNDO O QUE ACONTECE CON NENOS E NENAS NOS PAÍSES "DO TERCEIRO MUNDO"? ¿IMPÓRTANOS A NOS O QUE LLES ACONTECEU ÓS NENOS DE CHAD, AGORA QUE XA REGRESARON "OS NOSOS COMPATRIOTAS"?... RESUMINDO ¿FACEMOS ALGO POR INTENTAR QUE SE CUMPRAN OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS ( DE TODOS OS NENOS E NENAS)?


Mañá van as respostas ó post do domingo sobre a percepción dos sentidos, pero hoxe era máis importante contarvos os vosos dereitos e que nunca os esquezades e que tamén vos solidarideces con todos aqueles nenos/as, adolescentes... que sabemos que non disfrutan de ningún.

18/11/07

ILUSIÓNS ÓPTICAS QUE ENGANAN OS TEUS SENTIDOS... E OS MEUS TAMÉN

As nosas ideas e pensamentos son un reflexo da realidade do mundo. Toda a información que temos, chéganos a partir dun estímulo externo, o que percibimos grazas ó sistema sensorial (vista, oído, tacto, olfato e gusto). A información que filtramos cos nosos sentidos pasa posteriormente a ser procesada e modificada polo noso cerebro, para ser comprendida e almacenada mediante os símbolos e a linguaxe (no caso dos seres humanos). Segundo esta premisa a ver cantas persoas ves neste debuxo, observa con atención porque hai 9 ¿velas?

A resposta para os que non acabades de agudizar a vista saldrá mañá, así que atento ou atenta, que contamos con todos e todas neste blog.

Si queres atopar máis anécdotas e curiosidades relacionadas coa psicoloxía, si queres sorprenderte con imaxes con efectos ópticos ou queres ver algunha cousa desas que fan pensar, recomendámoches unha visita por http://www.psicoactiva.com/curios.htm

12/11/07

ABIERTO TODA LA NOCHE

Nas familias predomina a virtude de abrazar a extravagancia cotiá como normalidade. É a nosa habitual frase de “non se está mellor que en familia”, pero ao mesmo tempo un estraño a ela normalmente pensaría que esa familia non é un lugar de descanso, senón un núcleo de depredación insaciábel fronte a todo o alleo a ela mesma.

Na familia dos Belitre familia normal e ao tempo estrafalaria, poderemos recoñecer case como reais aos seus membros: dende o “fanático” avó á abnegada nai; dende a incomprendida e incomunicada muller francesa do maior dos fillos á nova rapaza que coida dunha avoa que non se levanta nunca da súa cama e que namora a todos os membros masculinos da familia; dende o fillo enfermo que se cre o seu pai, a ta o verdadeiro pai que non quere ser tal eternamente, senón que algún día tamén a el gustaríalle ser persoa; dende o fillo traumatizado por un acne exaxerado ato o seu “estraño” doutor de innovadores e poucos convencionais métodos curativos... todos eles e algúns máis...

É unha comedia, si, pero acaba converténdose nun drama provocado por “amor”, idea pola que ás veces individualmente, alguén é capaz de xustificar incluso as máis grandes atrocidades, porque estar namorado é unha razón de tal peso que elimina calquera culpa. E nese caso o amor (¿?) convértese no máis miserable dos sentimentos, no máis cruel, egoísta e tirano.

Unha historia, en suma, dun fogar, porque un fogar é o único sitio aberto toda a noite.

Abierto toda la noche é unha novela de David Trueba.