28/5/09

UNHA VEZ

Este é a historia de Félix, un rapaz que en 1942 escapa dun orfanato onde foi deixado polos seus país xudeus nun vano intento de protexelo dos nazis.

Vive alí durante case catro anos e un día decide escapar na procura dos seus país e nesa camiño descubrirá persoas coas que vivirá unha serie de experiencias polas que un neno non debería pasar nunca.
Mentres tanto confía no mundo e axuda no que pode porque pensa “que todo o mundo merece que lle ocorra algo bo na súa vida. A lo menos unha vez”

Bonito e triste á vez...

UNA VEZ de Morris Gleitzman está en Biblioarzúa

25/5/09

O NENO 44

Rusia. Mediados do século XX. Os aparatos de seguridade do estado e a policía secreta aplican métodos de detención e xuízo dos acusados que ignoran por completo as mínimas garantías de dereitos de calquera persoa. Un sistema xudicial e xurídico que defende a existencia do terror como necesario para defender a revolución e un abstracto “ben supremo”.

Baixo un elástico conxunto de palabras que poden moldearse ao chou para abarcar a calquera constrúense acusacións. Dende a tortura brutal ou refinada, depende do que interese, consíguense confesións de todo tipo, emulando aos inquisidores españois... (e parece que despois aínda será copiada na prisión que esperemos que peche pronto o presi americano...)

Na Rusia de Stalin “non pode haber crime organizado”. Os asasinatos e roubos só podían porvenir de mentes enfermas ou de “traidores ao sistema”.

No medio de todo isto, ás veces, xurde alguén que busca a verdade e a xustiza e trata de resolver un misterio terrible que todos tratan de silenciar porque non convén ao sistema.

Ten un final un pouco forzado, pero non deixa de ter ritmo e nos leva á unha certa reflexión acerca da vida e da digninade. Paréceme recomendable.

"O neno 44" de Ton Rob Smith está en Biblioarzúa.

No blog de Ciberanika podedes ver outra entrada sobre este libro.

22/5/09

COLABORANDO CO PUNTOGAL

Biblioarzúa, unha vez máis, en colaboración coa ASOCIACIÓN PUNTOGAL quixemos celebrar o día das Letras Galegas no I.E.S. de ARZÚA sumándonos á iniciativa de obter o dominio .gal para todos aqueles contidos e páxinas de Internet vencellados á nosa cultura ou lingua galega.

Por iso neste días estamos poñendo á disposición de alumnado, profesorado, persoal non docente e todo aquel que queria sumarse á iniciativa, uns ordenadores na Biblioteca do I.E.S. de arzúa para asinar e dar o apoio individual a esta iniciativa, na que somos pioneiros en España, mesmo diante doutras comunidades autónomas que tamén contan cunha lingua propia.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, xunto coa Asociación Puntogal patrocina esta actividade tamén e axudounos cedéndonos uns agasallos para aqueles que queiran dar o seu apoio (pins, pegatinas, bolas-mochilas, carteira para documentos...)

QUE FACER PARA COLABORAR E TER UN DESTES AGASALLOS?

É moi fácil: Acudir a a un ordenador.Despois debes entrar en http://www.puntogal.org/ e pinchar na parte dereita nun cadro que pon APOIOS INDIDUAIS asina aquí polo .gal. Abriraseche unha ventá onde debes poñer os teus datos: Nome e apelidos, teléfono, localidade, código postal e NIF. Despois na Biblioteca podes escoller un agasallo.

19/5/09

UN ADEUS PARA MARIO BENEDETTI


Morreu un dos grandes da poesía
O poeta do amor
O poeta do compromiso
Morreu Mario Benedetti





HAGAMOS UN TRATO

Cuando sientas tu herida sangrar
cuando sientas tu voz sollozar
cuenta conmigo
(de una canción de Carlos Puebla)

Compañera
usted sabe
que puede contar
conmigo
no hasta dos
o hasta diez
sino contar
conmigo

si alguna vez
advierte
que la miro a los ojos
y una veta de amor
reconoce en los míos
no alerte sus fusiles
ni piense que deliro
a pesar de la veta
o tal vez porque existe
usted puede contar
conmigo

si otras veces
me encuentra
huraño sin motivo
no piense qué flojera
igual puede contar
conmigo
pero hagamos un trato
yo quisiera contar
con usted
es tan lindo
saber que usted existe
uno se siente vivo
y cuando digo esto
quiero decir contar
aunque sea hasta dos
aunque sea hasta cinco
no ya para que acuda
presurosa en mi auxilio
sino para saber
a ciencia cierta
que usted sabe que puede
contar conmigo.

17/5/09

MEDIO AMBIENTE E MAREA NEGRA NO IES DE ARZÚA

13 de novembro de 2.002
Petroleiro Prestige
Catástrofe nas costas de Galicia


A catástrofe do petroleiro Prestige que afectou directamente ao litoral da provincia de A Coruña, especialmente á Costa da Morte, supuxo un espertar nas nosas conciencias co respecto ao coidado do medio natural.

Foi, tamén, a ocasión para que o xornalismo exercera en liberdade o seu oficio de informar con veracidade do que acontecía no mar e o que se decidía en terra por parte dos que tiñan a obriga de tomar decisións.

A biblioteca do IES de Arzúa, contactou co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia porque sabíamos da existencia dunha estupenda exposición de fotografías de máis de 50 fotoxornalistas nas que se reflexaba toda a magnitude da traxedia acontecida fai case 7 anos.

Entendemos que é importante que un feito como acontecido co petroleiro ‘Prestige’ non sexa esquecido facilmente e agardamos que a esta exposición poida servir de mostra didáctica para toda a comunidade educativa de Arzúa e para que a sociedade en xeral lembre que as dimensións desta catástrofe aínda as estamos a sentir.

En resume, dar a coñecer estes terribles feitos, cheos de horror e de solidariedade, para ver as múltiples dimensións dunha catástrofe ecolóxica, económica e social, para espallar imaxes que, quixeramos, NUNCA MÁIS tiveran lugar en Galicia (nin en ningunha outra parte do noso mundo

Dende a Bilioteca do IES de ARZÚA queremos reiterar o noso agradecemento ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e en particular a Mª José Cela por cedernos esta exposición que visitou prácticamente toda a península e ata chegou ao Parlamento Europeo.

14/5/09

Deitado frente ao mar...

Cando eu era moza había unha poesía de Ceso Emilio que me marcou moito e sempre lembro e de vez en cando releo e hoxe ven moito a conto:
  • Porque imos celebrar o día da letras galegas
  • Porque parece que máis que nunca temos que defender o que é noso
  • E porque si, porque me da a gaña....

Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me meta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do dfondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
equero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo para os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.

Máis referencias a este tema en:
Mesturas
Biblioteca Milladoiro de Malpica
Iniciarte
Trafegando ronseis
Biblioteca Ponte vella (Rábade)

13/5/09

Idea Vilariño III

Vídeo realizado por Raquel Facorro Souto

Eso
Mi cansancio

mi angustia

mi alegría

mi pavor

mi humildad

mis noches todas

mi nostalgia del año

mil novecientos treinta

mi sentido común

mi rebeldía.

Mi desdén

mi crueldad y mi congoja

mi abandono

mi llanto

mi agonía

mi herencia irrenunciable y dolorosa

mi sufrimiento

en fin

mi pobre vida.
video

12/5/09

Idea Vilariño II

Vídeo realizado por Melani León

Lo que siento por ti


video


Lo que siento por ti es tan difícil.

No es de rosas abriéndose en el aire,

es de rosas abriéndose en el agua.

Lo que siento por ti. Esto que rueda

o se quiebra con tantos gestos tuyos

o que con tus palabras despedazas

y que luego incorporas en un gesto

y me invade en las horas amarillas

y me deja una dulce sed doblada.

Lo que siento por ti, tan doloroso

como pobre luz de las estrellas

que llega dolorida y fatigada.

Lo que siento por ti, y que sin embargo

anda tanto que a veces no te llega.

11/5/09

Idea Vilariño I


No mes do libro deixábanos a poetisa uruguaia Idea Vilariño e Sabela (profesora de lingua española) e as súas alumnas Vanesa Valiño Vázquez, Raquel Facorroro Souto y Melani León realizaron un traballo precioso para homenaxeala e de paso darnola a coñecer, pois moitos de nós non sabiamos desta poetisa. Os videos foron realizados pola profesora e as alumnas sobre poemas diferentes desta muller, tamén nos elaboraron unha pequena biografía Como son fantásticos cada día expoñeremos un deles, hoxe toca a biografía e o primerio vídeo, obra de Vanesa Valiño Vázquez. ¡Noraboa a todas por esta iniciativa tan fermosa!

IDEA VILARIÑO 1920 - 2009

"Idea Vilariño, poeta, crítica literaria, compositora de canciones, traductora, educadora: es difícil decir cuál de estas facetas de su trayectoria influyó en más personas. Nacida en Montevideo el 18 de agosto de 1920, antes de haber cumplido los treinta años era ya ampliamente conocida en el Río de la Plata por su talento en muchas de las disciplinas mencionadas. Durante la última mitad del siglo XX críticos y profesores de todo el mundo de habla hispana así como traductores de Austria, Brasil, Italia y Estados Unidos difundieron en abundancia su poesía.
Es un caso singular. Por su personalidad y convicciones, Idea Vilariño rechazó durante largo tiempo toda posibilidad de promocionar su nombre. Los editores la urgían a promover sus libros y ella se rehusaba. Más aun, mantuvo un silencio casi completo respecto a su obra, hasta el punto de negarse con regularidad a entrevistas de cualquier tipo. Sólo en 1997 aceptó contestar las preguntas planteadas por Rosario Peyrou y Pablo Rocca, en las que se basa el video Idea, estrenado en mayo de 1998, y que ahora puede encontrarse en bibliotecas. Si bien Vilariño aceptó diversos premios e invitaciones tanto en su país como en el extranjero, nunca quiso comentar sus poemas ni escribir sobre su obra poética.
Pese a esa falta de promoción, la poesía de Idea atrae cada día más lectores. Más allá de los índices públicos que dan testimonio de su fama, en Montevideo puede advertirse por todas partes su inmensa popularidad: los artesanos copian sus versos en señaladores de libros, tapices y tarjetas que venden en mercados y negocios; referencias a sus poesías en grafitos..."

video

Una vez

Soy mi padre y mi madre

soy mis hijos

y soy el mundo

soy la vida

y no soy nada

nadie

un pedazo danimado

una visita

que no estuvo

que no estará después.

Estoy estando ahora

casi no sé más nada

como una vez estaban

otras cosas que fueron

como un cielo lejano

un mes

una semana

un día de verano

que otros días del mundo

disiparon.