15/7/08

Este verán imos descansar

Bueno que xa vedes que andamos un pouco vagos e é que este curso foi longo e forte e tivemos e temos que descansar por eso despedímonos ata setembro aínda que imos a seguir facendo cousas, porque a cabeza non para de dar voltas, entre outras estamos a traballar cunha nova plantilla de blog porque queremos ampliar horizontes e cambiar... con vos.
Pero non quero despedirme durante o verán sen deixarvos unha recomendación de lectura que engancha e moito, ou polo menos a min enganchoume e deixoume sen un montón de horas de sono.... A recomendación que vos dou é que leades o libro de Almudena Grandes: "El corazón helado" que a pesar das súas 933 páxinas, da súa letra miudiña, miudiña... foi un auténtico gusto de lectura, non é que a min me gusten especialmente as lecturas sobrea a guerra civil española, pero si me gustan as que enlazan pasado e presente como un destino onde os personaxes se unen dunha forma especial e as súas influencias nuns e noutros e como os mesmos acontecementos se viven de forma tan distinta segundo os corazóns das persoas.... pois eso que o leades, canto máis coñezamos sobre a historia máis difícil será volver a repetila.

FELIZ VERÁN non esquezades a LECTURA, a XOLDRA, o PASEO, o TUMBARSE Á BARTOLA, o DURMIR, o DEPORTE, a PRAIA, a MONTAÑA, as ÁRBORES,.... a VIDA.

8/7/08

III Encontros Edublogs

Os días 3, 4 e 5 de xullo en Santiago organizouse un gran acontecemento, o terceiro encontro de edublogs da man de Aula Blog, un referente na rede e agora que algúns deles os coñecemos en persoa, un referente en todos os sentidos... Pois iamos para aprender e o logramos, pero pasámolo tan ben, que case non me din conta da cantidade de cousas que trouxen na miña cabeza, que fácil é aprender con xente fantástica e ademais de forma tan agradable.
Moitas cousas fantásticas:
A Charla inicial por videoconferencia coa profesora da universidade Carlos III Tíscar Lara. Os comentarios sobre a publicidade alucinantes....
Encantáronme as ponencias en especial a de "Internet intramuros", unha experiencia contada por Pilar Mingote e Berta García, alucinante, recoméndovos que miredes o seu blog e que deixedes comentarios... CHICAS 10
Outra experiencia fantástica a de Juan Tadega, sobre a accesibilidade dos blogs, unha ponecia para a reflexión, eu nin me dera conta de nada do que nos estivo a contar, as veces non é cuestión de querer ou non querer, é só cuestión de descoñecemento total e absoluto das cousas,... pero unha vez que se sabe hai que procurar conseguir que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades...
Por suposto o listón quedou moi alto coa intervención de Loly Lago e a colaboración imprescindible entre bibliotecas e web social....
Pero tamén estiveron xenial as charlas, a espontaneidade, as risas, a guitarra de Isidro, a voz de Olga, a tranquilidade de Lourdes, o bo facer de Lucía, o baile de Ana, a charla impresionante de Jon Bustillo (¡que pasada de ponencia!), a gracia de Charo, as experiencias en moodle de Victor.... Uf tantos nomes e tantas caras.... o ano que ven espero continuar este encontro en Getxo
Esto é algo que non se sabe o que engancha ata que te metes no asunto, coa salvedade de que non é nocivo para saúde, bueno as veces si porque con tanto blog as noites fanse un pouco pequenas, pero .............. Sarna con gusto non pica..............

Mira as fotos do encontro e outros anteriores Ayerbe e Roa

Feliz verán

6/7/08

Nubes de etiquetas, nubes de palabras

Hoxe atopei unha cousa moi curiosa vía A nosa Biblioteca, e que se crea en Wordle . É o que se chama Nube de etiquetas e que cando menos é simpática. Aquí tedes a nosa nube de etiquetas (mellor dito a do noso blog).

Tamén en Raioteca