30/6/08

Xornada dos clubs de lectura

O mércores 25 de xuño asistimos en Santiago a unha xornada maratoniana pero fantástica sobre clubs de lectura.
Comenzamos pola mañá coa intervención de Blanca Calvo e a súa ponecia "Os clubs de lectura, o pracer multiplicado por dous".
Despois varios compañeiros de centros nos amosaron as súas experiencias (marabillosas por certo) dos seus clubs... : Begoña Valdés (club lectura Bibliotero do IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña), a que me alegrei moitísimo de volver a ver despois de cerca de 20 anos de coincidir en Santa Comba ; Enrique Sosa (club de lectura leixaprén do IES as Telleiras de Narón), Marga Tarrio (club de lectura "As mariñas lectoras" do IES As mariñas de Betanzos), Benigno Nerga (club de lectua Alexandre Bóveda do IES do mesmo nome en Vigo), Loly Lago, mestra entre as mestras (club de lectura do segrel de IES de Fene), Beatriz González que fai eses marabillosos carteis que nos cede desinteresadamente para o noso blog (club de lectura Balborodo, do IES Río Cabe de Monforte), Charo Vázquez (club de lectura A Cova Céltica do IES Isaac Díaz Pardo de Sada) e Emilio Roca (club de lectura Arao do IES Pedra da Aguia de Ponde do Porto).
E tamén estivo con nós e arrancounos moitas risas o escitor e conta contos Pep Bruno ...
En fin un día fantástico polo aproveitamento, polas charlas e polas risas. E dende aquí un saúdo moi especial a esa Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia que sempre está pendiente do que precisamos nos centros e ademais organizou unha xornada impecable en todos os sentidos. Aínda tedes capacidade de sorprendernos ... GRAZAS.
Si vos apetece ver as fotos visitade O segrel do Penedo, que as colgou todas (as que debía e as que non...) como sempre Grazas tamén a ti Loly pola reportaxe e por todo

22/6/08

Árbores: coñeceas para salvalas...

Pois si unha vez maís falando de árbores, e nesta ocasión cun lema moi básico pero moi real, está demostrado que aquelas árbores que todo o pobo coñece ou que forman parte da vida diaria das xentes, son as que se salvan, as que non acaban nos salpicaderos dos automóbiles de luxo, ou en xardíns impesionantes de xente rica ós que chegan despois de pagar cantidades millonarias, ... en fin que igual que todo neste mundo, as árbores tamén están ameazadas e sen defensa posible, de aí que vos anime dende aquí a que coñezades o noso patrimonio vexetal e o respectedes, facéndoo propio para que continúe aí, ensinándonos que somos unha pequena gota no océano do universo...

E como xa imos empezar as vacacións e o curso foi longo e complicado, unhas imaxes para que vos relaxedes coa beleza desas amigas que nos regalan todos os días unha gota de sabiduría e de beleza.

7/6/08

Intelixencia, sensatez e poder

A través de "A nosa biblioteca" fai tempo que descubrín un blog fantástico que me gusta mirar de cando en vez: "Los minicuentos" de Braulio LLamero, e hoxe pasando un estupendo rato lendo neles gustoume un especialmente que vos traio aquí, aínda que vos recomendo que pasedes por ese blog hai minicontos moi curiosos, que teñen a súa miga..., o da vaca tamén é moi bó.

Ante la cercanía de su muerte, un rey mandó llamar a sus tres hijos.
-Solo uno de vosotros me puede heredar. Puede hacerlo el mayor, por tener más edad. Puede ser el segundo, por ser el más sensato. O quizá deba ser el tercero, por ser el más inteligente. Pero antes de tomar mi decisión, quiero saber lo que pensáis.
El más pequeño, inteligente como era, se puso a meditar sobre el aparente enigma. El del medio, con su habitual sensatez, consideró que no convenía precipitarse en la respuesta. El mayor, carente de inteligencia y de sensatez, desenvainó la espada y mató a los dos.
-¿Cuál era la pregunta?

El rey suspiró:
-Me temo que la lógica del poder aborrece la inteligencia y desconfía de la sensatez.
Y se apresuró a fallecer, por si su ya único hijo no podía esperar.

5/6/08

A terra ...